Skip to Content

CHEGOU O MAIO

Chegou o Maio

Dámoslle a benvida e vamos celebrar a súa  chegada cun poema da nosa poeta máis universal Rosalía de Castro, Maio Longo.

MAIO LONGO

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algúns telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.



Rosalía de Castro (1993),

Follas Novas (Vigo: Galaxia)


Agardamos que para todos, este Maio nos traia boas novas e queden con nos e non fuxan.



page | by Dr. Radut