Skip to Content

Día Internacional da Radio: Obradoiro formativo

A ONU decidiu conmemorar o Día Mundial da Radio o 13 de febreiro porque esta é a data na que se creou a Radio das Nacións Unidas, en 1946. A celebración do Día da Radio foi proclamada en 2011 e é oficial desde 2012, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a designación deste día como Día Mundial da Radio (WRD).

Radioforte aproveitando esta data organiza un obradoiro formativo para o alumnado de 4º impartido por Pablo Bernedo de ECO FM.

Pablo compartiu con nos a súa afección pola radio, os seus inicios, os lugares e persoas que tivo e ten a oportunidade de coñecer grazas a radio... pero sobre todo o seu amor pola radio, “e moi importante que che guste”

 

Por outra banda tamén nos comentou que ademais de ter uns bos medios técnicos e saber utilizalos os traballadores da radio teñen que formarse e informarse. Todo programa require unha labor de información e programación previa.

Respondeu a preguntas:

“-Os índices de audiencia mostran si estamos no bo camiño”,

“-coñecín a Ronaldo,  -a Chechu Salgado, recentemente galardoado cun Goya... – a Messi non...”

“- grazas a radio viaxei a Macedonia ...”

E para finalizar tivo lugar a parte práctica, un programa informativo, sobre Rosalía de Castro e San Valentín, coa información que previamente o alumnado seleccionara.

Mediante a técnica do flash back, escoitaron a súa voz, comprobaron a importancia de non tocar o micro, colocarse a distancia adecuada,  falar ao micro, empregar o ton adecuado e sobre todo non berrar e gardar silencio para evitar o rum rum de fondo...

Unha importante lección práctica.

A continuación podedes escoitar a gravación de 4ºA sobre San Valentín,. Trátase dunha gravación directa a que tan só se recortaron os comentarios formativos do mestre e algún ruído.

 

Unha fermosa experiencia formativa de grupo que agardamos sexa un comezo de grandes amantes da radio e reporteiros.

Grazas Pablo pola túa colaboración.

 



blog | by Dr. Radut