Skip to Content

INSECTOS E OUTROS BICHOS NO PATIO DO COLEXIO

Comezamos o proxecto dos insectos da man do alumnado de 2ºA e a súa titora Ana Jato, que tras un proceso de investigación na aula e na biblioteca

saíron ao patio a realizar unha " mini beast hunt" que consistía en buscar diferentes animais no entorno  natural arredor da caseta e recoñecer os diferentes tipos de seres vivos, observando as suas características principais, clasificandoos logo en insectos e non insectos na aula e aproveitando para aprender o nome dalgúns deles en inglés.

Onte, martes, durante o recreo, este grupo de alumnos e a súa titora capitanearon os grupos de exploradores que quixeron sumarse a esta actividade organizada dentro da programación dos martes científicos que organiza a biblioteca.

1.- Insectos e outros bichos no patio do colexio

Comezamos cunha breve sesión informativa

Sesión de formación

Organizámonos en pequenos grupos de exploradores

 

 

 

 

 

 

Compartimos experiencias, aclaramos dudas e espuxemos os botes lupa para poder ver todos os bichiños atopados nesta breve saíada ao patio.

Fermosa experiencia, na que disfrutamos moito e aprendemos un montón.

Grazas !!!!

 

E ao chegar ao cole, unha visita inesperada agardávanos nas escaleiras

 

 

Menuda sorpresa!

 

 

Todos os que quixeron poideron vela durante o recreo. Logo voltou ao seu espazo habitual moi feliz.

 

 

 



page | by Dr. Radut