Skip to main content

Marzo 2024

DÍA DA POESÍA #DíaDaPoesía #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ensaios para escenicar no I Certame da Poesía Escénica que se

celebrará, como actividade conxunta, no Ies Punta Candieira.

 

 

 

 

OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado,

Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza.

Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co

que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de

persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos

ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data.

Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba

boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.

 

 

 

 

COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


O alumnado de segundo recolle reciclados para crear

un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos

cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante,

o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso,

da gusto ver os avances!

 

Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.

 

 

 

COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula,

para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes

e broches con deseños caninos.

 

 

 

 

 

 

FONDOS NOVIDADES - VEN POLA TÚA LECTURA! #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

CONCERTIÑO INFANTIL - MÚSICA, MAESTRO! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #IesPuntaCandieira #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

Aída, Zeltia, Paulo e o alumnado de 2º de bacherelato de Artes Escénicas

prepararon un fermoso concerto para o alumnado de 3, 4 e 5 anos.

A escola encheuse da música, baile, xogo e bo facer desta rapazada.

A sesión contaba con música en directo (a Carrasquiña, o Piripipí...) e xogos rítmicos.

Esta era unha pequena actividade dunha familia que foi aumentando,

medrando e medrando e que se converteu nun fermoso concerto p

ensando nos máis pequeno da escola. Agradecer as horas de ensaios e

coordinación que esixe unha actividade deste tipo.

Parabéns ás tres familias e á rapazada do Ies!

Gracias por educar a través da emoción!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLAS ANCAS - SEGURIDADE VIARIA #ANCAS #CaminoEscolar #Peaton #Convivencia #EducacionVial Dirección General de Tráfico #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado da escola súmase aos obradoiros de

mobilidade segura e sostible que imparte Stop Accidentes Galicia.

Para máis información podedes ollar a súa web,

xente solidaria, víctimas de tráfico que queren axudarnos 

a entender que iso é unha responsabilidade colectiva.

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Cinco mulleres empoderadas: Josefa Leonardo Díaz ,

Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García,

Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey fixeron

cantar e bailar ao alumnado de 4 anos e 1º de Primaria.

Tan ben o fixeron que tiveron que repetir nunha nova data!

En breves escoitaremos as súas voces nun programa radiofónico.

Permanece atent@s! Gracias avoas!!

 

 

 

 

 

 

GUÍAS TURÍSTICOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto de primaria converteuse en guía turístico

e viaxou a través das páxinas dos libros e da documentación na rede

para coñecer as provincias de España e as súa identidade, características...

Resumiron e escolleron os datos máis relevantes nun libro de lapelas

que expoñeran estes días aos seus compañeir@s.