Skip to main content

Marzo 2024

DÍA DO NATURALISMO GALEGO - ACUARELAS E FAUNA #RafaelLopezLoureiro #Rampla #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Entre outras actividades para conmemorar o 9 de Marzo,

Día do Naturalismo Galego, o alumnado gozou dun obradoiro

de acuarelas con láminas do caderno de campo da lagoa da Frouxeira.

Unha publicación editada polo colectivo Rampla con debuxos e textos

do ilustrador Adrián Taracido Fernández, que afonda no coñecemento da fauna da lagoa.


 

Recordade que este venres 15 podedes acudir á presentación do libro

“Martín Sarmiento O primeiro naturalista”  de Rafael López Loureiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - 5 ANOS E 4º PRIMARIA #DíaDoCómic #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 4º de Primaria e 5 anos gozou da Formación de Biblioteca

Creativa da Asesoria de Bibliotecas, sobre banda deseñada. A actividade

estivo a cargo de Diego Cheda, ilustrador de tódalas personaxes que forman

parte da vida da nosas salas e de dous libros onde elas son protagonistas.

Hoxe na biblioteca escoitaron e falaron dos fanzines, realizaron bocadillos,

debuxaron a Percebiño, o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda... crearon historias e

pasaron unha mañá fermosa na compaña de Diego.

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - VICTORINA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Victorina e María Victoria aledaron á rapazada de cinco

anos con cancións como "El cocherito Leré" e "Al pasar la barca".

 

 

 

 

 

ENSAIOS POESÍA ESCÉNICA #EnGalego#Cedeira #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Varios grupos de nenas e nenas preparan recitados poéticos para

celebrar o Día da poesía. Será o I Certame de Poesía Escénica que realiza

o EDLG do Ies Punta Candieira. É unha oportunidade a que fumos convidados,

así que nesas están ensaio tras ensaio. Unha actividade que permite traballar

en profundidade a lingua galega: tiveron que buscar na CDU autores e poesías,

outros crearon as súas estrofas, entraron no dicionario da Rag para saber

o significado de palabras que aparecían nas poesías, memorizaron, ollaron

tempos para cumprir as bases, debuxaron, están creando coreografías...

Xa nos tarda velos o 21 de marzo no Día da Poesía!

 

 

 

 

 

 

MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo

para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron

durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!

 

 

 

 

 

 

 

A BIBLIOTECA DENTRO DA BIBLIOTECA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As veces, hai momentos coma este, para gardar nunha caixiña

e recordar. A creatividade, imaxinación e inocencia da rapazada

imitando o traballo dos adultos. Parabéns! Aquí a caixiña para gardar!

 

 

 

 

 

UN ACIVRAL PARA A INFANCIA - 9 M DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Vintecatro acivros chegaron ás mans da rapazada,

un agasallo de Rafael López Loureiro (mestre en xúbilo) e o Concello de Cedeira,

son vintecatro seres vivos que teremos que coidar con dozura e esmero,

para transplantalos en xuño na 1ª Xornada das Árbores Nosas, 

coincidindo coa data do Día Mundial do Medio Ambiente.

Unha encarga de responsabilidade coa nosa flora.

Ampliamos información a través do blog

"Ao Noroeste do Noroeste" de Rafa (Calel)

Nós, esperamos á rapazada este próximo luns, para continuar

coñecendo e gozando da natureza neste obradoiro no recreo.