Skip to Content

                              

blogue deadmin

MATERIAIS 1º E.P.

RECOMENDACIÓNS 1º E.P.

INGLÉS

CORONAVIRUS 1º E.P.

CUADERNILLOS DE LENGUA E MATEMÁTICAS DO SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE (lembrade que non demos as sumas levadas, nin as horas, nin os euros, nin maior e menor que). Picade nas fotos e xa vos abre directamente. Recoméndase abrir co CHROME. Non fai falta contrasinal.

 

P.T.

LETRA A

LETRA E

NÚMERO 8

SUMAS CON FROITAS

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

 

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODO O DOCUMENTO OU  NO FICHEIRO ADXUNTO.

NOTA INFORMATIVA

Infórmase a todas as familias que, segundo RESOLUCION do 15 de marzo de 2020, da Secretaria Xeral Técnica da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, o CEIP Xuvencos permanecerá pechado ata nova orde.

IMPORTANTE: os prazos para a presentación de solicitudes en relación ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso (alumnado novo) amplianse provisionalmente, así como o resto de prazos relacionados coa administración educativa.

Ante as proximas novidades, seguiremos informando a través da paxina web do centro. Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono do centro en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Moitas grazas.
Un saúdo

Boboras a 16 de marzo de 2020

O director

Javier Álvarez

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O xoves 12 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller Traballadora.

Tivemos varias sesións de contacontos con Uxía González Morán. Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de concellos do Carballiño.

Algúns dos contos foron: GUAPA, ME LLAMO PECAS, ARTUR E CLEMENTINA E MAX E OS SUPERHEROES.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

NOTA INFORMATIVA

Infórmase a todas as familias que, entre as medidas tomadas pola Xunta de Galicia e a súa Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 están as que seguen:

  1. Suspéndense, desde o vindeiro luns 16 de marzo, as clases en todos os niveis educativos durante 14 días. Así mesmo, suspéndense as actividades extraescolares e os servizos complementarios (comedor e transporte) durante o mesmo período.
  1. En relación a mañá, venres 13 de marzo, atendendo aos  principios de prevención, serenidade e responsabilidade, recoméndase non asistir a clase, excepto naqueles casos nos que as familias non teñan tempo de reorganización nin recursos suficientes para asegurar unha adecuada conciliación laboral e familiar.

  

Ante as próximas novidades, seguiremos informando a través da páxina web do centro.

 

                                         Moitas grazas. Un saúdo

 

Boborás a 12 de marzo de 2020

 

 

O director

Javier Álvarez

 

DÍPTICO INFORMATIVO

PINCHA NA IMAXE PARA VER TODO O DÍPTICO

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2020-2021

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

Dende o vindeiro domingo día 1 e ata o 20 de marzo, está aberto o prazo de solicitude de admisión no noso centro para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse na dirección web https://www.xunta.gal/dog/publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

Tal como queda reflexado en dita orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse de maneira telemática a partir do domingo día 1, mentras que de xeito presenzal nos centros escolares dende o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

Fai falta lembrar que a Consellería de Educación pon a disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

ANEXO II (modelo de solicitude)

SOLICITUDE EN LIÑA na web da Consellería de Cultura e Educación

 

 

 

CROMA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano para conmemorar o día de Rosalía de Castro fixemos un Croma con todo o alumnado do centro.

 

ENTROIDO 2020

O xoves 20 celebramos o Entroido no cole. Este ano, como estamos traballando os Xogos Olímpicos, os disfraces estaban relacionados con esa temática.

Antes de facer un percorrido polas rúas de Boborás, cantamos o noso himno dos XOGOS OLÍMPICOS "O PODER DE CRER EN TI", canción versionada de "DANCE MONKEY" de TONES AND I, ademáis do Tiroliro.

Nos seguintes vídeos podedes ver o ben que o pasamos.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut