Skip to Content

                              

blogue deadmin

UNBOXING ALICE THEATRE

O martes 21 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiron ao Auditorio de Ourense a ver UNBOXING ALICE THEATRE, unha versión do clásico de Lewis Carroll.

Alicia, a protagonista, volverá a visitar o País das Marabillas despois de moito tempo, e Tweedledee e Tweedledum guiarana nesta viaxe disparatada. Para iso utilizarán novos métodos de comunicación, moi usados hoxe en día polos escolares de primaria e secundaria, como os vídeos de "unboxing" que fan os youtubers, convirtindo deste xeito a obra nunha "experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés".

NOTA INFORMATIVA

Pica na foto para ter máis información.

 

O vindeiro martes 28 de xaneiro as 16:00 h haberá unha reunión coas familias no comedor do colexio.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias, lembrámoslle que o vindeiro martes 14 de xaneiro de 2020, en horario de 16 h a 18 h, @s mestr@s titor@s estarán a súa disposición para a entrega do xustificante das notas e para falar sobre a evolución académica dos seus fillos.

No caso de non poder asistir o devandito día, por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.

BO NADAL 2019

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO 2020.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos a participación no Concurso de Postais de Nadal por parte do alumnado e das súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ao Concello de Boborás: concello, centro de saúde, centro de maiores, a centros escolares cos que temos relación, ...

Ademais o xurado seleccionou catro postais gañadoras (unha por cada categoría), foi unha deliberación moi difícil, xa que a calidade das postais era moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir na páxina web do colexio e enviar por correo electrónico, que deixamos aquí tamén.

MATÍAS (EDUCACIÓN INFANTIL)

IRIA (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

VALENTINA (4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

EMMA (6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

 

 

FESTA NADAL 2019

O venres 20 de decembro o alumnado de infantil e de 1º de educación primaria celebramos unha festa de fin de ano no colexio. Tanto o alumnado como o profesorado tiñamos que vir elegantes, ademais tamén comemos gusanitos para celebrar as campanadas.

VISITA DE PAPÁ NOEL

O xoves 19 de decembro tivemos a visita de PAPÁ NOEL no noso colexio. O alumnado entregoulle as súas cartas e repartiulles caramelos.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

 

COMUNICAMOS  ás familias que para mañá xoves 12 de decembro hai convocada unha folga do ensino para o profesorado.

O CEIP Xuvencos asegura os servizos mínimos para este día.

 

 

Un saúdo

 

Boborás, a 11 de decembro do 2019

 

                                                                                    O   Director, Javier Álvarez

NOTA INFORMATIVA

 Estimadas familias, queremos comunicarlles o seguinte:

  • O venres, día 20 de decembro de 2019, o alumnado de Educación infantil recibirá o boletín informativo e os traballos realizados durante o trimestre, motivo polo cal é necesario acudir a falar coas titoras, á volta das vacacións.

  • O venres, día 20 de decembro, o alumnado de Educación Primaria tamén recibirá o boletín de notas da 1ª avaliación. O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores sobre a evolución académica dos seus fillos será o primeiro martes de xaneiro, (día 14) de 16.00 a 18.00. No caso de non poder asistir o devandito día, por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.

  • O venres 20 de decembro será un día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario dos venres, entrando ás 9.30 e saíndo ás 13.15 horas.

 

Un saúdo.

 

Boborás, a 10 de decembro do 2019

 

O director

 

 

 

Javier Álvarez

 

NOA NO ESPELLO CON SABELA GAGO

O martes 10 de decembro visitounos Sabela Gago coa contada interactiva sobre a igualdade de xénero NOA NO ESPELLO.

A obra conta as historias de tres personaxes, quenes defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz". Con esta representación búscase ensinar aos pequenos como enfrentarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

Sabela Gago utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut