Skip to Content

Blogs

CONCURSO "PINGÜI BUSCA HISTORIA"

Ola!

A nosa mascota Pingüi busca unha historia para a súa vida, leva tanto tempo na nosa biblio que se olvidou de onde veu, como chegou aquí... Axúdaslle a contala? Escribe un relato onde narres a vida de Pingüi e se resulta elexido gravarás un vídeo que se colgará na páxina web do cole. Anímate a participar! Pingüi está impaciente! Pero mellor... cóntavolo el! Pica no triángulo para escoitalo. 

 

COMEZAMOS!

Comezamos cos recantos e imos de cabeza para a xeometría! Aquí deixamos un material moi interesante sobre o noso autor da semana que ven, Piet Mondrian. 

PLANT-ARTE XEOMETRÍA

Vídeo que recopila as fotos que os nenos e nenas fixeron a través da aplicación Epicollet dentro das actividades relacionadas coa Ciencia Cidadá. Nel pódese ver como estamos rodeados de xeometría tanto na natureza como nos elementos artificiais, feitos polo home. Hai unha foto mal colocada que se nos colou! A ver se a atopades! 

CIENCIACIDADÁ from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PARA AS FAMILIAS

Aquí vos deixamos as secuencia de actividades deste último semestre por se queredes colsultalo on line. Bo verán a todos e todas!!!

 

  

 

"BAJO EL MISMO SOL"...DE CARRAL!!

Durante o curso 2016/17 as clases de 5º e 6º de Educación Infantil bailamos "Bajo el mismo sol"...de Carral!!

EDITORIAL PINGÜI

A Editorial Pingüi foi un proxecto colaborativo do EDLG (Equipo de Dinamización da Linga Galega) e do Equipo de Biblioteca que se desenvolveu durante este curso escolar. O obxectivo deste traballlo foi crear unha liña editorial de libros informativos en galego feitos polo noso alumnado. Estas son as primeiras tiradas de libros que saen del, picade nos puntos vermellos da foto para ver o resultado. Tamén vos deixamos o vídeo presentado para o concurso da Plataforma Proyecta. Queremos agradecer a Yolanda, a técnico de Dinamización Lingüística do Concello, a súa axuda desinteresada na revisión da corrección lingüística. En breves esperamos ter máis novas deste proxecto que está nacendo... 

Pingüi e as persoas que formamos este grupo desexámosvos boas vacacións para todos e todas!

TRÍPTICO SOBRE A RECICLAXE DOS NENOS E NENAS DE 3º

Os nenos e nenas de 3º que xa nos diran unha pequena charla sobre reciclaxe agora tráennos un tríptico que fixeron para seguir concienciando sobre o coidado do medio ambiente.

Literatura infantil

Recentemente coñecíamos os galardoados nos premios Xerais, onde tamén existe un oco para a nosa literatura infantil. Este ano a obra premiada, nesta categoría, foi Muriel, de María Canosa. A escritora xa posúe unha ampla traxectoria na escrita infanto- xuvenil. Así pois, na biblioteca do noso centro poderedes atopar algúns libros desta autora. Mentres non chega Muriel ás nosas mans, podemos deleitarnos con outros dispoñibles.

FACEMOS ENSALADAS

LEITUGAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

A cantiga do vídeo titúlase "Comer bien" do grupo Los Algos. Aquí vos deixamos a orixinal.

LIBRO DAS PLANTAS

Xa está case camiño da imprenta o noso novo libro. Como sabedes esta vez o proxecto de investigación foi sobre as AS PLANTAS. Esta nova entrega da Editorial Pingüi ten moitas sorpresas xa que é unha edición interactiva a través da aplicación de Realidade Aumentada "AURASMA". Faremos unha reunión e explicarémosvos como usala. Mentras tanto aquí tedes a primeira edición, na última vai haber algúns cambios de formato pero, en xeral, vai ser moi similar. Esperamos que vos guste! Para amplialo a pantalla completa dádelle ao símbolo que aparece na parte inferior dereita que ten forma de cadrado.

 
Distribuir contenido


by Dr. Radut