Skip to Content

Blogs

PLANT-ARTE

Primeira entrega da serie de actividades que fixemos relacionando as plantas e a arte, neste caso trátase da pintura. Aquí podedes ver a nosa recreación de obras con diferentes técnicas:

- "Os xirasois" de Van Gogh.

- Bodegón de Frida Khalo.

- "A árbore da vida" de Gustav Klimt. 

- As estacións representadas nunha soa árbore a partires da obra musical "As catro estacións de Vivaldi"

- Mandalas do outono.

Pica nos cadriños para que se vexan mellor os cadros.

Maio

Chegou maio! O mes das letras e as flores! Desde o EDLG, e coa colaboración do alumnado, realizáronse uns fermosisímos maios que decoraron varios recunchos do noso centro. E así de espectacular permaneceu a entrada da biblioteca!

Ademais, a ocasión permitiu afondar no estudo da flora autóctona (xestas, fieitos, fiúnchos...). Xa sabedes que na nosa biblioteca tamén podedes consultar libros sobre esta temática.

VÍDEO PRESENTACIÓN DA EDITORIAL PINGÜI

Como sabedes estamos buscando financiación para aumentar os recursos no noso cole, este é o vídeo de presentación para os premios PROYECTA que convoca a Fundación Amancio Ortega e Santiago Rey Fernández Latorre, finalmente non fomos seleccionados pero quedou ben bonito! Ademais con este vídeo inauguramos a canle de Vimeo do cole, xa podemos compartir con todos e todas vos as nosas gravacións.

Editorial Pingüi from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DÍA DO LIBRO

Un ano máis, para conmemorar o Día do Libro, os nen@s de Educación Infantil achegámonos a Biblioteca Municipal de Carral onde pasamos uns intres coa ratiña Lili Gruyére. Contounos contos en galego, bailamos e pasámolo xenial escoitando as súas cancións e as súas historias. Moitas Grazas!

 

 

 

Semana do Libro

Durante estes días, e con motivo da Semana do Libro, o alumnado que quixer "agasallará" cun libro da biblioteca a un/unha compañeiro/a. Este/a levará o libro en calidade de préstamo. Que mellor agasallo que un libro! 

Noraboa a toda a clase de 6º A por quedar finalistas no Premio Luis Freire de investigación na escola.

Coa vosa investigación sobre :"É eficaz unha bolsa chea de agua diante dunha ventana para evitar a entrada de moscas na casa? ", non só aprendimos a aplicar o método científico senón que recibimos a grata noticia de ser clasificados finalistas.

Agora a defenderedes diante dun xurado, seguro que ides facelo xenial.

Ánimo 6º A, e... todos os amigos e familiares estades convidados a acompañarnos o día 29 de abril na Domus ás 10:30 horas.

Seguro que a vosa compañía nos da sorte.

MOITO MEDRAN ESTAS FABAS...

Estas fabas medran un montón! Dentro de pouco saen pola fiestra! ;) 

MÁIS EXPERIMENTOS

Os nenos e nenas de 5º trouxéronnos unhas sementes de fabas a ver se o tamaño da semente influía no tamaño da planta, o experimento non saíu pero no seu lugar apareceron unhas larvas moi sopeitosas. Que serían? Tapamos o vaso e aos poucos días... MOSQUITOOOOS!! 

POLO DÍA DA MULLER: MULLERES ESTRELA

Coñecemos mulleres galegas que destacaron por algo no seu tempo e facemos estrelas con dous triángulos como nos ensina unha das nenas. Así tamén traballamos a escritura e os textos instrutivos. Aquí vos deixamos un exemplo. 

PLANT-ARTE

As plantas na pintura, coñecemos pintores famosos que representan as plantas nos seus cadros.

-"BODEGÓN" DE FRIDA KAHLO.

- "OS XIRASOIS" DE VAN GOGH.

- "A ÁRBORE DA VIDA" DE GUSTAV KLIMT.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut