Skip to Content

Blogs

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebrouse no centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Esta data coincide coa morte de Mahatma Gandhi, referente mundial en prol dos dereitos humanos. Desde a biblioteca quixemos facer fincapé neste día a través dunha selección especial de libros sobre esta temática e coa exposición duns paraugas impregnados de noticias violentas, que nos convida á reflexión. Por conseguinte, a nosa mensaxe é clara e meridiana: as nosas armas sempre serán os libros. A lectura fainos libres, amig@s!

Comenzamos coa nosa investigación do ano.

      

Vamos a investigar si resulta eficaz unha

bolsa de auga diante dunha ventana para

que as moscas non entren na casa.

Para iso o primeiro que debemos construir

é a gaiola para introducilas.

Axiña seguiremos informando dos nosos

progresos

Xa recollimos a nosa primeira colleita de leitugas.

 

      

   

Xa recollimos as prireimas

leitugas. Que saborosas

estaban...

 

 

 

Aqui vemos a raiña do horto,

a nosa coliflor, preciosa.

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artístico: Xogamos cos xeoplanos, esta vez non facemos figuras iguais ao modelo, so creamos!

Rincón TIC: Buscamos quen é Kandinsky, as cores que usa para pintar e as figuras das súas obras.

Rincón literario: Facemos cans con papiroflexia a partir de instrucións. 

Rincón matemático: Xogamos con moedas e billetes a montar o noso propio supermercado.

Rincón científico: Explicamos coas nosas palabras o experimento coa auga.

 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artísitico: recreamos as divertidas receitas de cociña de Hervé Tollet. 

Se queredes ter o libro tedes as referencias picando AQUÍ.

Rincón literario: Ordeamos e clasificamosos textos instrutivos que aportaron as familias (receitas de cociña, etiquetes, manuais de uso, experimentos...)

Rincón científico: A mascota de biblioteca Pingüi e a profe Lidia trouxéronnos unha sorpresa.... Unha planta carnívora! Observámola e pensamos como podemos coidala.

Rincón matemático: Traballamos a orientación espacial a través de xeoplanos.

Rincón TIC: Buscamos en Internet información sobre como coidar a nosa planta.

O TRABALLO INFANTIL

Hoxe vendo as etiquetas preguntabamos que era eso de Made in China, Bangladesh... Isto levounos a falar sobre onde se fabricaba a nosa roupa e incluso o noso calzado. Este vídeo vainos facer reflexionar sobre a sorte que temos de vivir neste lado do mundo... A ver que vemos e entendemos. 

O LIBRO DOS CANS

Aquí vos deixamos en primicia o noso libro dos cans. Este é o resultado de tres meses de traballo de búsqueda da información, contraste de fontes, análise, resumo, categorización... dos nenos e nenas de 1º A e B. O resultado de tanto esforzo valeu a pena!

Temos que dar as grazas a cantos nos axudástedes: ás familias por aportar materiais e fotos, a Xan por virnos a dar a charla, ás persoas da clínica Montegatto de Oza dos Ríos por acollernos amablemente nun "día de cans", á Técnico de Normalización Lingüística do Concello por axudarnos a que esté escrito en galego normativo e a cantos vos interesástedes no noso proxecto e fixéstedes que fora posible. Grazas!

Agora queda imprimilo e presentalo en sociedade. Xa falta pouco para telo nas nosas mans, en breve mandarannos a copia impresa e encuadernada. 

 

 

Para velo en pantalla completa picade no cuadriño do centro da imaxe onde pon "fullscreen".

VOLVEMOS COS RINCÓNS!

Esta semana volvemos cos rincóns rotatorios:

Artístico: Debuxamos xogos e escribimos as súas instrucións (as profes avaliamos o que os nenos e nenas xa saben sobre os textos instrutivos) 

 

   

 

Científico: Utilizamos os fonendos que nos regalou Xan, o veterinario que nos veu dar a charla. Medimos as pulsacións en reposo e despois de darlle unhas voltas ao corredor.

Literario: Escribimos as partes dun libro.

Matemático: Seguimos a ordear tapóns.

TIC: Buscamos información sobre as plantas sen guía, o que a nós nos interese. 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut