Skip to Content

Blogs

ORDES DO MECO

Recordade que mañá empezamos a semana do Entroido. Sabedes que o Meco sempre nos fai algunha trasnada mandándonos,
durante esta semana, levar algunha cousiña ao cole. Aquí vos deixamos osmandatos deste ano!

O luns, para mergullarnos polo mar, algo na cabeza tés que levar.

O martes, se queres ser un bo bombeiro, que non che falte o teu babeiro.

O mércores, se os instrumentos musicais queres tocar, un guante máxico debes  portar.

O xoves, se queres cociñar os menús máis baratos, adorna ben os teus zapatos.

O venres nin guantes, nin zapatos, nin sombreiros, nin babeiros, sacade os vosos disfraces e a traballar rapaces!

 

 

RECEITAS

Hoxe foi un día de comida e receitas de cociña, primeiro fixemos brochetas con froitas (xa o contaremos noutra entrada) e despois, unha das nenas tróuxonos rosquillas que fixo coa súa familia. Estaban moi ricas! Ademais adiviñamos cales eran os ingredientes e explicou a súa elaboración. 

OS DE 6º TRÁENNOS INFORMACIÓN

Como sabemos que os de 6º teñen o seu propio horto urbán e que xa plantaron e recolleron algunha leituga e coliflor mandámoslles algunhas preguntas do que queremos saber para que nos contaran como fixeron. Baixamos a ver a súa plantación para aprender nós a facer unha, nuns días ensinámosvos máis sorpresas!  

MOITAS GRAZAS, RAPACES! Un pracer!

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS

A profe Charo estivo facendo con nós unha sesión de filosofía a través do conto "Sopa de Nada", aquí vos deixamos unhas imaxes. Moitas grazas por ensinarnos a pensar a través da literatura e tamén a que se colaboramos entre todos e todas podemos ser máis felices.

MÁIS SOBRE AS PLANTAS

Hoxe presentando o que trouxemos das casas para aprender máis sobre as plantas. 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde a biblioteca do centro seleccionamos unha serie de contos ilustrados, da editorial ALBA, na que se destaca, entre outras, a vida e obra de protagonistas coma Marie Curie. Doutora en Ciencias e profesora na Universidade de París, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel. Se queredes pescudar máis, animámosvos a tirar deste fío.

 

CANTIGAS DE PLANTAS E ÁRBORES

Como sabemos que vos gusta moito a música aquí vos deixamos unhas cantigas relacionadas coa horta e as árbores. 

Este vídeo é orixinal do Blogue da Biblioteca do CEIP "Saco e Arce" de Toén.

ESCORNABOT

Estamos aprendendo a usar os escornabots, aquí tedes uha mostra. 

TORTITAS

Como sabedes estamos traballando os textos instrutivos, agora mesmo andamos a voltas coas reitas de cociña así que unha nena da clase de 1ºA estivo facendo tortitas coa súa avoa e tróuxonos a proba. Gustáronnos moito!! Mil grazas! 

BISCANDO INFORMACIÓN

Empezan a chegar os materiais das casas. Moitísimas grazas en nome de todos e todas! Ademais, os nenos e nenas atopan información nos libros que colleron da biblio e noutros que nos prestástedes e queren compartila, aquí vos deixamos algunhas mostras. Descubriron cousas moi interesantes como que as patacas son as raíces das plantas, as semillas das fresas están por fora e as plantas carnívoras comen bichos porque viven es solos onde hai poucos nutrientes. 

AXUDAS PARA O PROXECTO SOBRE AS PLANTAS

A profe de prácticas Raquel tróuxonos un regalo... Uns cactos! Eran tres: un para 1º A, outro para 1ºB  e o último decidimos regalárllelo aos nenos e nenas de 5º que dende a nosa visita están motívadísimos traéndonos información sobre as plantas carnívoras. Moitas grazas rapaces!

Ademais a profe Charo tróuxonos uns carballos, loureiros e unha planta de amorodos. Máis grazas tamén! Así da gusto!

IMOS FACER BROCHETAS DE FROITAS!

Na aula de apoio coa profe Esther un dos nenos do noso cole estivo facendo brochetas, pasounos as fotos e nos deducimos os ingredientes que nos facían falta. Hoxe pasouse pola nosa aula e leunos coa axuda de pictogramas as froitas que utilizaron. Adiviñámolas todas! 

RECREOS DE LECTURAS

Algúns dos nenos e nenas de 1º decidiron por vontade propia ir a contar contos ás clases de infanitl no recreo. Aqui vos deixamos a imaxe dunhas voluntarias cos de 6º de Educación Infantil.

 

DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS

Nas rutinas diarias descompoñemos números seguindo o método ABN de cálculo mental. Aquí tedes un exemplo. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut