Skip to Content

Blogs

EXPERIMENTOS CON PLANTAS 1º A

Para ver os nosos experimentos pica nos círculos de cores do horto da aula. 

Día das Letras Galegas

Como ben sabedes, o pasado mércores 17 conmemorouse o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Carlos Casares (Xinzo de Limia, 1941- Nigrán 2002). Desde a biblioteca do noso centro, fixemos unha selección dalgúns dos seus libros (A galiña azul,  Toribio contra o profesor Smith ou Lolo anda en bicicleta) e incorporamos material novo como As miñas primeiras Letras Galegas, da colección dos Bolechas. Agardamos que gocedes coa súa lectura! 

Ler en familia

Hoxe, 15 de maio, conmemoramos o Día Internacional da Familia e desde a biblioteca do centro queremos impulsar a lectura no fogar. Porque a lectura tamén é afecto, coñecemento e tolerancia; que mellor que compartila coas persoas que máis queremos. 

PLANT-ARTE

Primeira entrega da serie de actividades que fixemos relacionando as plantas e a arte, neste caso trátase da pintura. Aquí podedes ver a nosa recreación de obras con diferentes técnicas:

- "Os xirasois" de Van Gogh.

- Bodegón de Frida Khalo.

- "A árbore da vida" de Gustav Klimt. 

- As estacións representadas nunha soa árbore a partires da obra musical "As catro estacións de Vivaldi"

- Mandalas do outono.

Pica nos cadriños para que se vexan mellor os cadros.

Maio

Chegou maio! O mes das letras e as flores! Desde o EDLG, e coa colaboración do alumnado, realizáronse uns fermosisímos maios que decoraron varios recunchos do noso centro. E así de espectacular permaneceu a entrada da biblioteca!

Ademais, a ocasión permitiu afondar no estudo da flora autóctona (xestas, fieitos, fiúnchos...). Xa sabedes que na nosa biblioteca tamén podedes consultar libros sobre esta temática.

Distribuir contenido


by Dr. Radut