Información para as familias de 1º de Primaria

Aviso urxente:

Pola falta de dispoñibilidade da aplicación Abalar Móbil, as titoras de 1º de Primaria non poden a día de hoxe comunicarse coas familias para realizar a entrada escalonada que estaba prevista.

Por todo isto, para evitar aglomeracións e entrar con maior tranquilidade, os nenos e nenas de 1º de Primaria entrarán este xoves día 10 ás 9:15. Isto tan só é para o primeiro dia de escola, a partir do venres entrarán como o resto.

Isto non afecta ao alumnado que vén en autobús nin no servizo de Mañanceiros, que non modifican horarios.

Rogamos disculpen as molestias.