Complementarias e extraescolares

MAGOSTO E SAMAÍN

Este venres día 28, Infantil, Primaria e Secundaria celebraremos o MAGOSTO e o SAMAÍN.

Teremos unha actuación musical do grupo tradicional "Tanto nos ten", grazas a ANPA.

Teremos a un Castañeiro así que despois da actuación musical, poderemos degustar unhas ricas castañas. Dende a ANPA  proporcionarannos as bebidas e virán voluntarios para axudar a repartilas. 

Por último, temos preparados uns xogos populares para o alumnado de Infantil e Primaria. Para o alumnado de ESO tamén haberá xogos e películas terroríficas.

Moitisimas grazas a todos e a todas por facer posible que vaiamos desfrutar dunha xornada tan xenial.

 

SAMAÍN

 

Chega o Samaín e queremos que vexades os contos terroríficos que están creando nas aulas. No seguinte enlace está a recopilación.

 

Padlet cos contos terroríficos

 

Ademáis o curso pasado fixemos uns contos colaborativos, e aquí tedes o video dun deles.

Conto terrorífico colaborativo do 2021

 

Día da muller a nena na ciencia

O pasado 11 de febreiro o alumnado de 6º recibiu unha charla có gallo do Día da muller e da nena na ciencia.

dia da mulle e da nena na ciencia

Mandatos do Meco

Achégase o Entroido e o Meco indícanos como temos que vir esta semana!

Os mandatos son acumulativos, cada día imos sumando o de cada día e o dos anteriores.

Meco 2022

Día da Paz

Achegamos un vídeo co que reflectimos a celebración do Día da paz e a non violencia no noso centro.

 

 

Conmemoramos o Día contra a violencia de xénero

08/12/2021
Europe/Madrid

O pasado 25N conmemoramos o día contra a violencia de xénero.

 

Fotos exposición de cabazas

Compartimos unhas imaxes das cabazas elaboradas polo noso alumnado e que tan ben decoraron o centro esta semana.

Desfile Entroido 2021

Este curso fixemos un desfile cada grupo por separado e nos "xuntamos" virtualmente. Podedes apreciar que ben disfrazado veu todo o mundo!

(se non o podes ver a pantalla completa, dálle a Descargar).

Entroido 2021

Neste curso tan especial imos continuar coa tradición do Entroido, aínda que adaptándonos á situación.

Velaquí os mandados do Meco!

Meco 2021

Distribuir contido