Complementarias e extraescolares

DIA DA MULLER. 8 DE MARZO.

06/03/2020 09:38
Europe/Madrid

O 8 de marzo é un día  para lembrar as dificultades que moitas mulleres atopan para exercer os seus dereitos. Recordamos a loita polos dereitos das mulleres falando nas clases sobre o tema e visitando as exposicións cos traballos realizados nas aulas, como A MULLER NA INDIA (4º de EP) e SE NOS VEN, EXISTIMOS (1º ESO). Tamén falamos neste día das mulleres asiáticas que xa tivemos presentes noutras celebracións: Malala Yousafzai (25N, Día contra a violencia de xénero), Sadako Sasaki e as mulleres PREMIO NOBEL DA PAZ asiáticas Teresa de Calcuta, Nadia Murad, Shirin Ebadi e Malala Yousafzai (30X, Día da Paz), así como todas aquelas que viven e loitan nos países asiáticos que están sendo estudados nas nosas aulas (India, Vietnam, Timor, China, Xapón...). Tamén contamos cunha exposición bibliográfica sobre o tema da muller, con parte dos fondos dos que dispón a nosa biblioteca.

HOMENAXE A ASIA NO ENTROIDO 2020

21/02/2020 17:33
Europe/Madrid

 

O Proxecto Documental Integrado do curso 2019-2020 leva por título EXPEDICIÓN AOS CONTINENTES: ASIA. Ten como obxectivos principais coñecer a cultura e modo de vida asiáticos a través do estudo de determinados aspectos (os que cadaquén escolla en función do nivel educativo e do interese), facilitar que se valoren as diferenzas e fomentar o respecto e a tolerancia. Por iso hoxe, no desfile do Entroido, rendemos homenaxe a xente que vive en Asia vestindo como eles o fan neste momento ou o fixeron no pasado, segundo as súas culturas respectivas.

 

 

EI, 4º EP, 2º ESO

India

1º EP

Mundo árabe

2º EP

Timor Oriental

3º EP, 5º EP, 6º EP

Vietnam

1º ESO

China

3º ESO

As diferentes culturas asiáticas

 

 Os alumnos de 4º de ESO, seguindo as nosas tradicións, acompañaron o MECO.

A vestimenta asiática. Memoria gráfica.

 

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

10/05/2019 16:01
Europe/Madrid

I FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

A vindeira semana gustaríanos realizar o Festival das Letras Galegas e convidarvos para que desfrutemos todxs xuntxs. A data inicial prevista era o xoves pero como parece que vai chover, estamos esperando ao luns para ver a predición metereolóxica e poder decidir o día no que nos aseguremos bo tempo. Recibiredes unha circular en canto teñamos a data. 

Gustaríanos poder avisar con máis antelación, pero dependemos do tempo polo que sentimos que teña que ser así.

Agradecemos a vosa comprensión e agardamos que poidades vir. 

ENTROIDO

22/03/2019
Europe/Madrid

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

Este ano celebramos o noso "Entroido Africano" cun desfile polas rúas do pobo. Animais da Sabana, Massais, traxes típicos de Mozambique, Cabo Verde e Etiopía, Exipcios, Tuaregs, xs protagonistas da peli de Memorias de África, a comitiva que ía enterrar ao MECO... incluso tivemos a sorte de contar co Fulión grazas  aos nenos e nenas do Combo musical a ao seu profe. Todxs xuntxs camiñamos polas rúas de Miño e compartimos un rato fantástico coas familias e veciñxs de Miño. Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa polo traballo realizado para levar adiante esta idea.  Grazas tamén a Policía Local, a Protección civil, ao Concello e a todas as familias pola colaboración. 

Aquí vai a foto que tomamos ao chegar ao cole de volta. 

Despois da foto, lectura do testamento do MECO e... a merendar! filloas, rosquillas, orellas... non faltou nada!

 

VIDEO Wangari Maathai

01/02/2019
Europe/Madrid

VIDEO DE WANGARI MAATHAI

OS NENOS E NENAS DA AULA DE 3 ANOS A E DA AULA ESPECÍFICA, TRABALLARON MOITO PARA FACER ESTE VIDEO. TRATA SOBRE WANGARI MAATHAI, A PRIMEIRA MULLER AFRICANA EN RECIBIR UN "PREMIO NOBEL DA PAZ". ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

https://vimeo.com/314615104

 

 

DÍA DA PAZ

30/01/2019
Europe/Madrid

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o día da paz. Seguindo co proxecto da biblioteca sobre África, o alumnado e os profesores e profesoras das tres etapas educativas, investigaron a diferentes "Premios Nobel da Paz" deste continente. Cos resultados das investigacións fixemos unha exposición. Parabéns a toda a comunidade educativa pola implicación é o traballo en equipo! 

Ademáis fixemos un acto conxunto no que entre todos formamos o mapa de África e a palabra PAZ. Tamén cantamos o tema "Sonrisa" de Ana Torroja, unha canción chea de positividade e da que tivemos que poñer un "bis" porque o alumnado estaba desfrutando moito.

Aquí van unhas fotos.

 

 

 

AS ÁRBORES DOS SOÑOS E DA IGUALDADE

21/12/2018
Europe/Madrid

Todo o centro traballou unido de novo. Seguindo o exemplo de Tererai Trent, cada alumno e alumna escribiu o soño polo que quere loitar o próximo ano.  Aquí tedes as fotos.

 

Os alumnos e alumnas de Educación infantil creamos con materiais reciclados a Árbore da Igualdade. Nenos e nenas... Tinogona!

 

 

 

E moitas grazas aos que axudástedes no acopio dos rolos de papel.

 

 

 

VIDEO TERERAI TRENT

VIDEO TERERAI TRENT

Como sabedes, o proxecto da biblioteca desde ano trata sobre África. As conmemoracións que fagamos, relacionaranse  con esta tématica.

Para o día  "Contra a violencia de xénero", decidimos investigar á activista africana Tererai Trent. Todas as estapas buscaron información e reflexionaron sobre a vida desta fantástica muller. Aquí tedes o produto desta investigación.

https://vimeo.com/305358011

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

04/11/2018
Europe/Madrid

A pasada semana  celebramos o día do Magosto e do Samaín. Tivemos una estupenda exposición de arrepientes cabazas. Moitas grazas a todas as familias pola colaboración. 

Como sabedes, o proxecto da biblioteca deste ano trata sobre o Continente Africano. O alumnado da ESO desfrutou dunha actuación musical sobre danzas rituais cun grupo senegalés 

Nalgunhas clases de Educación Primaria decoraron máscaras funerarias típicas. Todo o alumnado de Educación infantil e primaria  desfrutou de xogos tradicionais. 

Para finalizar as alumnas e alumnos de todas as etapas, comeron xuntos as castañas no patio cuberto.

 

 

 

 

Concerto de Efrén López e Michalis Kouloumis para ESO

O vindeiro luns 28 de Maio, ás 16:30 da tarde, @s alumn@s da ESO poderán gozar dun concerto a cargo do dúo Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) aproveitando a xira que teñen previsto dar por terras galegas durante estas datas. O concerto terá lugar no auditorio da biblioteca do concello.

Este dúo formado por dous dos máis recoñecidos intérpretes no eido das músicas tradicionais mediterráneas do leste así como da música clásica Ottomana, partillan e poñen a disposición da música todas as súas destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de exóticos instrumentos procedentes de alonxadas culturas e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais do leste de Europa no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación.

Distribuir contido