Concerto de Efrén López e Michalis Kouloumis para ESO

O vindeiro luns 28 de Maio, ás 16:30 da tarde, @s alumn@s da ESO poderán gozar dun concerto a cargo do dúo Efrén López (Valencia) e Michalis Kouloumis (Chipre) aproveitando a xira que teñen previsto dar por terras galegas durante estas datas. O concerto terá lugar no auditorio da biblioteca do concello.

Este dúo formado por dous dos máis recoñecidos intérpretes no eido das músicas tradicionais mediterráneas do leste así como da música clásica Ottomana, partillan e poñen a disposición da música todas as súas destrezas, ofrecéndonos unha experiencia inesquecible de extrema sensibilidade que nos introduce nun mundo único de diversas sonoridades e cores. Acompañados de exóticos instrumentos procedentes de alonxadas culturas e cun repertorio cargado de achegas persoais e dos repertorios das principais culturas musicais do leste de Europa no que se exceden as fronteiras a prol da universalidade; o dúo López-Kouloumis sobrepasarán os límites da nosa imaxinación.