Aberto o prazo para solicitar becas para niveis postobrigatorios

22/03/2024
Europe/Madrid

Estimadas familias:

 

O Ministerio de Edicación, Formación Profesional e Deportes ven de convocar as axudas para estudantes que se vaian matricular en Bacharelato ou Formación Profesional o próximo curso 2024/2025.

O prazo abriuse o 19 de marzo e remata o 10 de maio de 2024.

Toda a información nesta ligazón:

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html

Presentación documentación casos de baremación

O prazo de presentación de documentación remata o día 5 de abril de 2024.

 

Durante as vacacións de Semana Santa estaremos pechados pero en caso de urxencia poden mandar mensaxe ao enderezo cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal

Aberto o prazo de admisión do curso 2024/2025

01/03/2024
Europe/Madrid

Estimadas familias:

O prazo para novas inscripcións no noso centro está aberto dende hoxe, 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024, inclusive.

Para realizar este proceso, independientemente de se a matrícula é para Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria, pode facerse polas seguintes vías:

1. A través de Internet, con Chave 365 ou Certificado Dixital, seguindo este enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

2. Presencialmente na Secretaría do centro, en horario de 9:00h a 14:00 de luns a venres e de 16:00 a 18:00 os luns e os martes.

 

 

Publicada da listaxe do alumnado con posto reservado

Xa está publicado no taboleiro do centro a listaxe do alumnado con posto reservado.

 

Todas as solicitudes obtiveron praza.

Xa está a chegar o Entroido!

02/02/2024
Europe/Madrid

Estimada comunidade educativa:

Xa están aquí os mandadiños do meco! Non vos esquezades de facerlle caso e traer cada día o que vos encargue.

Aproveitamos tamén para comunicar que o noso desfile de entroido será o día 9 de febreiro a partir das 11:15h. O percorrido será o que segue: Rúa Cobo, Estrada da Praia, Rúa Rabazal, Rúa Pumariega, Rúa Mercado, Estrada da Praia (volta), Rúa Cobo (volta) e Rúa Marismas (volta). Agardámosvos a todos!

 

Xornadas de prevención do uso prexudicial da internet e redes socias

A ANPA do noso centro organiza estas xornadas con charlas para o alumnado de 5º de Educación Primaria ata 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e para as familias.

 

 

 

I MIÑO MILLA POLA PAZ

18/01/2024
Europe/Madrid

Co gaio do día da Paz, o vindeiro martes 30 de xaneiro, desde o CPI Castro Baxoi queremos convidar as familias a participar na I Miño Milla pola Paz.


Este día o noso alumnado acudirá ao Centro no horario normal e baixarán a rúa Estremeiro co profesorado, onde estará disposta toda a infraestrutura para levar a cabo a actividade.


Cando cheguen deixarán o alimento non perecedoiro que traían como “inscrición” nas mesas habilitadas a tal efecto e recollerán o dorsal para a carreira, a continuación esperarán a súa quenda onde lle digan as organizadoras/os.


A actividade contará con 4 carreiras organizadas por idades, do seguinte xeito:
Tendo en conta que unha milla son 1608 metros, o que equivale a 268mx6 largos da rúa Extremeiro, segundo estará acotada, as carreiras serán:


Infantil → ½ volta (1 largo = 268m)
1º a 3º Primaria → 1 volta (2 largos = 536m)
4º a 6º Primaria → 2 voltas (4 largos = 1072m)
ESO/ Profesorado/Familias → 3 voltas (6 largos = 1608m)


Estas carreiras serán secuenciais, é dicir, unha despois de outra para evitar accidentes. Mentres non toque facer a nosa carreira, esperamos na zona indicada polos organizadores/as, e unha vez rematada a nosa proba, recolleremos o diploma, a medalla e o avituallamento doado polas empresas colaboradoras. E acudiremos a zona indicada para ver o resto de probas.


Esta actividade estará aberta as familias do alumnado que queiran participar, que o farán no formato do alumnado da ESO, e para facelo tan só terán que traer un alimento non perecedoiro como “inscripción”. Animámosvos a participar!!!


A duración da actividade a marcará o ritmo das probas, pero remataremos no horario do Centro.


Para esta actividade contamos coa colaboración da ANPA, do Concello, Policía Local, Protección Civil, Eroski, Gadis, Día (Miño) e Clube de Atletismo Paula Mayobre.

 

Distribuir contido