Obradoiro de estampación de Rosalía de Castro

16/02/2023
Europe/Madrid

O mércores 15 de febreiro relizamos un obradoiro de estampación de Rosalía de Castro co alumnado de 3º de primaria grazas a colaboración da asociación de empresarios de Miño e ao EDLG do centro. A rapazada aprendeu técnicas de estampación alén da vida e obra de Rosalía.

Estadía da profesora Mónica Mato en Canadá no marco do PIALE

A profesora Mónica Mato participou no programa PIALE (Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras) realizando unha estadía en Canadá.

A continuación adxuntamos un Padlet onde se pode visualizar a experiencia da profesora e o Plan de Difusión en PDF.

 
 
 
Feito con Padlet

Listaxe alumnado con posto reservado

Publicada no taboleiro do noso centro a listaxe de alumnado con posto reservado para o vindeiro curso 2023-2024.

Todas as solicitudes presentadas obteñen posto. 

Actividade física dentro da aula no Baxoi

08/02/2023
Europe/Madrid

Algunhas aulas da etapa de Primaria, xunto coa área de EF, comezou un proxecto no que o alumnado realiza 10/15 minutos de exercicio físico na aula os 3 días que non teñen clase nesa área. Realizan diferentes traballos de forza e de alta intensidade adaptado as idades.

Existe moita evidencia científica que reflexa os seus beneficios: incremento na aptitude cardiorrespiratoria (Amigo,2018), mellora na composición corporal (IMC), na saúde cardiometabólica y cardiovascular (Eddols et al. ,2017)... 

Tamén, buscamos incidir no seu desempeño académico. Autores, coma Sibley & Etnier (2002), demostran os beneficios no desenvolvemento cognitivo dos nenos do exercicio regular; tamén, na construción dunha autoestima más sólida (Sonstroem,1984) o una auto-imaxe positiva de si mesmos (Maxwell e Tucker 1992). Tine (2014) e Maureira (2014), reflicten que o exercicio físico ten efectos positivos sobre diversos tipos de atención. Por ultimo, Haapala et al. (2017) expuxeron a relación inversa entre a porcentaxe de graxa e a mellora de actitudes lectoras.

Saudos e saúde!

Celebración de La Chandeleur no Baxoi

06/02/2023
Europe/Madrid

Con motivo da celebración de "La Chandeleur", día no que os franceses disfrutan das Crêpes, o alumnado de Francés de 4°ESO celebrouno elaborando unha saborosa receita francesa.

 

Xornada de portas abertas

05/02/2023
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Invitámosvos á próxima Xornada de Portas Abertas, na que poderedes coñecer o noso traballo e instalacións de primeira man.

Así mesmo, invitámosvos a seguir a nosa conta de Instagram, onde poderedes estar ao día en canto a actividades do noso centro:

https://www.instagram.com/cpi_castrobaxoi/?hl=es

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

31/01/2023
Europe/Madrid

O 31 de xaneiro de cada ano vén marcado no calendario polo Día Escolar da Non Violencia e da Paz.


Este ano, no CPI Castro Baxoi quixemos realizar diversas actividades para conmemorar esta data tan imporante: creamos unhas pombas, símbolo da paz, que enchemos cos sorrisos de todos os nenos e nenas do centro; creamos un faro que se alumeou con mensaxes en pos da paz e do coidado dos mares e, para rematar, realizamos unha andaina á Praia Grande de Miño, onde limos mensaxes cargados de valores positivos.


Deixámosvos este vídeo onde recollemos todo isto. Agardamos que vos guste!

 

Renovación parcial Consello Escolar curso 2022/23

Prezados/as integrantes da nosa comunidade escolar:

Nesta entrada aparecerán os documentos e información relativa ao proceso da renovación parcial do Consello Escolar do noso centro educativo para este curso 2022/23.

Información inicial. (Inclúe a data do sorteo da Xunta Electoral, 2 de novembro, e a constitución da mesma, 4 de novembro).

- Sorteo da composición da Xunta Electoral (resultado publicado no taboleiro de anuncios do centro).

- Circular informativa da convocatoria para as nais, pais ou titores legais do alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do centro.

Modelo candidatura representantes.

Convocatoria alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de información do alumnado.

Modelo candidatura alumnado.

- Convocatoria profesorado.

Modelo candidatura profesorado.

MAGOSTO E SAMAÍN

Este venres día 28, Infantil, Primaria e Secundaria celebraremos o MAGOSTO e o SAMAÍN.

Teremos unha actuación musical do grupo tradicional "Tanto nos ten", grazas a ANPA.

Teremos a un Castañeiro así que despois da actuación musical, poderemos degustar unhas ricas castañas. Dende a ANPA  proporcionarannos as bebidas e virán voluntarios para axudar a repartilas. 

Por último, temos preparados uns xogos populares para o alumnado de Infantil e Primaria. Para o alumnado de ESO tamén haberá xogos e películas terroríficas.

Moitisimas grazas a todos e a todas por facer posible que vaiamos desfrutar dunha xornada tan xenial.

 

Distribuir contido