Actividade física dentro da aula no Baxoi

08/02/2023
Europe/Madrid

Algunhas aulas da etapa de Primaria, xunto coa área de EF, comezou un proxecto no que o alumnado realiza 10/15 minutos de exercicio físico na aula os 3 días que non teñen clase nesa área. Realizan diferentes traballos de forza e de alta intensidade adaptado as idades.

Existe moita evidencia científica que reflexa os seus beneficios: incremento na aptitude cardiorrespiratoria (Amigo,2018), mellora na composición corporal (IMC), na saúde cardiometabólica y cardiovascular (Eddols et al. ,2017)... 

Tamén, buscamos incidir no seu desempeño académico. Autores, coma Sibley & Etnier (2002), demostran os beneficios no desenvolvemento cognitivo dos nenos do exercicio regular; tamén, na construción dunha autoestima más sólida (Sonstroem,1984) o una auto-imaxe positiva de si mesmos (Maxwell e Tucker 1992). Tine (2014) e Maureira (2014), reflicten que o exercicio físico ten efectos positivos sobre diversos tipos de atención. Por ultimo, Haapala et al. (2017) expuxeron a relación inversa entre a porcentaxe de graxa e a mellora de actitudes lectoras.

Saudos e saúde!