Cambios na hora de recollida e lugar saída familias infantil

Prezadas familias:

En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa colaboración nesta adaptación á nova situación que estamos a vivir. Cremos que todo está funcionando bastante ben pero debemos cambiar algunhas cousas que poden mellorar o bo funcionamento. Está a ser un proceso de ensaio-erro que non está rematado pois a vindeira semana comeza o alumnado de secundaria, polo que podería haber algún cambio aínda.

Os cambios que imos facer son os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL:

A saída dos acompañantes NON imos facela polo ximnasio pois hai momentos nos que temos clase. Polo tanto, sairemos polo mesmo sitio polo que entramos.

EDUCACIÓN PRIMARIA:

Cambiamos a hora de saída dos nenos para aumentar o tempo de clase e reducir o tempo de espera do alumnado que emprega o transporte escolar. Deste xeito os horarios quedan da seguinte maneira:

1º PRIMARIA: 13:40

2º PRIMARIA: 13:45

3º E 4º PRIMARIA: 13:50

5º E 6º PRIMARIA: 13:55

Pola outra banda, a xustificación de faltas poderá facerse por abalarMóbil ou presentando o modelo de xustificante que poderedes descargar dende a páxina web. O enlace para encontrar estes modelos é: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1357

Engadir que o equipo COVID do centro está a facer unha formación específica e que en breve subiremos información de interese xeral para loitar contra esta pandemia.

Seguiremos informando.

Saúdos.

O equipo directivo.