No día de hoxe comeza o prazo de reserva de praza en centros adscritos.
Alumnado do centro destinatario: alumnado do CPI Castro Baxoi de 4º de ESO que teña intención de cursar Bacharelato no IES Fraga do Eume de Pontedeume.
Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
Forma de participación: presentación do formulario normalizado ED550A a través da aplicación "admisionalumnado"(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou na secretaría do noso centro.
Pode descargar o formulario premendo aquí.
Toda a información en http://www.edu.xunta.es/portal/node/32849.