O Invernadoiro

Este ano temonos proposto poñer a andar de novo o invernadoiro. O traballo de restauración e acondicionamento é un proceso complexo e previo a poder facer uso del e comezar co cultivo. Se queredes ver como vai o traballo e ir seguindo o dia a día podedes consultar a nosa galería fotográfica. Pero...

Que é un Invernadoiro e para que serve?

Oístedes falar do efecto invernadoiro? Sí, seguramente vos soe de coñecemento do medio. O efecto invernadoiro é un fenómeno que acontece na Terra gracias á atmósfera e os seus gases, que reteñen a enerxía calorífica procedente do sol impedindo que saia cara o espazo para así quetar a superficie do noso planeta. Dende fai varias décadas determinados gases que xeramos os seres humanos están desequilibrando a balanza na atmósfera. Isto ven dando lugar a un efecto invernadeiro excesivo e un quecemento global nada positivo para a vida.

Pois realmente os invernadoiros elaborados pola man do home (como é o noso) son quenes de conseguir no noso horto o mesmo efecto que a atmósfera. Como podedes ver na gráfica, o plástico permítelle pasar aos raios do sol que quentan directamente o solo do invernadeiro. Parte da enexía calorífica rebota no terreo, pero o plástico actúa de novo como reflectante impedindo que esta saia para fora e devolvendoa cara abaixo. O resultado final é que os invernadoiros incrementan a súa temperatura con respecto ao exterior e sempre están quentiños. Este invento é de grande utilidade xa que permite nos permite poder manter as condiciósn climáticas de calidez necesarias para o cultivo incluso nas épocas do ano mais frías nas que este sería imposible.

Manda truco!