O Club de Lectura Salicornia no Mosteiro de Monfero

 Club de Lectura Salicornia fixo unha viaxe no tempo. Achegouse á Idade Media da man dos arquitectos miñenses Patricia Sabín e Enrique Blanco que lle desvelaron os segredos do Mosteiro de Monfero dende a súa fundación ata os nosos días, así como o proxecto que eles dirixen para restauralo e darlle unha nova vida.

Houbo ademais un encontro coa maxia. A Feiticeira de Monfero, que habita nos apousentos do Mosteiro e é a herdeira do coñecemento meigo que se desenvolveu ao longo do tempo, falounos dos misterios do seu oficio, leunos contos arrepiantes e ofreceunos unha pinga do seu saber co agasallo do grimonio e das fórmulas de feitizos para facer realidade os nosos desexos.