Educación Infantil

O Castro Baxoi recita a Rosalía

Imaxes dos recitais en conmemoración a Rosalía de Castro.

 

Instrucións Educación Física Infantil e Primaria

Os mestres do colexio queren compartir esta información relacionada coa área de Educación Física de Primaria, e psicomotricidade de Infantil.

Descarguen o documento anexo. 

 

Período de adaptación alumnado 4º Educación Infantil

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación comprende dende o día 11 ata o 24 de setembro.

Durante este período de tempo o horario será flexible, incrementándose as horas de permanencia na escola, para permitir a incorporación progresiva dos nenos e nenas. Neste período o grupo-clase dividirase en dous grupos (A e B).

4ºA/B INFANTIL (2019/2020) TITORA:(informarase do nome na reunión do 3 de setembro

   · 

· Grupo A:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)      

· Grupo B:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)

O horario para estes días será o seguinte:

 Mércores 11 setembro

·Grupo A: 9:30-10:30

·Grupo B: 11:30-12:30

 Xoves 12 -Venres 13 setembro

·Grupo A: 9:30-11:00

·Grupo B: 11:30-13:00

 Luns 16-Martes 17 setembro

· Grupo B: 9:30-11:30

·  Grupo A: 11:30-13:00

Mércores 18- Xoves 19- Venres 20 setembro

· Grupo A e B: 9:30-11:30

Luns 23-Martes 24 setembro

· Grupo A e B: 9:30-12:30

Reunión período adaptación 4º Educación Infantil

REUNIÓN INFORMATIVA PERÍODO

DE ADAPTACIÓN

 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

 

 

DATA: 3 DE SETEMBRO

HORA: 10:00

LUGAR: SALA USOS MÚLTIPLES

 

 

 

POR FAVOR, VIDE SEN NENOS/AS.

 

 

 

 

O Equipo de Educación Infantil

DESPEDIDA

26/06/2019 19:18
Europe/Madrid

 

PROMOCIÓN 2016-2019

Para rematar as noticias ata o próximo curso...

Só nos queda desexar un BO VERÁN e...

MOITA SORTE na súa nova andadura a tod@s es@s pequech@s que abandonan educación infantil para comenzar en setembro en primaria.

 

 

PARABÉNS!

PLANTACIÓN

26/06/2019 18:21
Europe/Madrid

 

A SEMENTE DA IGUALDADE

Como colofón do subproxecto "EXPLORANDO A IGUALDADE: TINOGONA", incluído dentro do proxecto documental integrado de África, levamos a cabo a actividade: a semente da igualdade.

Dita tarefa consistía en plantar unha árbore tomando como referencia o conto de "Wangari e as árbores da paz".

Wangari foi lider do movemennto cinturón verde. Axudou e fomentou a repoboación forestal de Kenia.

Os nosos exploradores e exploradoras de infantil xunto co alumnado da aula específica participaron na repoboación plantando unha árbore na entrada do cole.

 

 

 

 

 

SAÍDA

26/06/2019 17:53
Europe/Madrid

 

IMOS Á PRAIA

O mércores 12 de xuño fomos de merenda á praia da Ribeira, máis coñecida como a praia pequena de Miño.

 

 

 

EXCURSIÓN

26/06/2019 17:43
Europe/Madrid

 

SAÍDA AO MUIÑO DO PEDROSO

O venres 31 de maio visitamos o Muiño do Pedroso no concello de Narón. Realizamos diferentes obradoiros como pan, cosmética natural...

Estas son algunhas das imaxes:

 

PINACOTECA DA IGUALDADE

25/06/2019 18:49
Europe/Madrid

 

 

PINACOTECA DA IGUALDADE TINOGONA! 

Nas aulas de infantil estivemos investigando sobre ÁFRICA e dentro deste proxecto traballamos sobre: diferentes pintoras, a igualdade...

Unha das actividades propostas relacionadas co proxecto (na que participou tamén o alumnado da Aula Específica),  era facer un autorretrato en tea e para iso tomamos como referencia a  obra de Monserrat Anguiano.

Esta foi a información que lle mandamos ás familias:

 

E este o proceso de todo o noso traballo:

 

 

 

Debuxamos o noso retrato

 

 

Firmamos

 

 

 

 E... XA TEMOS O NOSO CUADRO LISTO!

 

 

Para rematar... fixemos unha exposición con todos os cuadros. A "I MOSTRA ARTÍSTICA DO CASTRO BAXOI".

E como non podía ser doutra forma, nós mesm@s fixemos a invitación para as familias.

Invitacións:

 

 

 

O día da exposición tivemos a sorte de contar coa pintora Monserrat Anguiano. Durante toda a mañá estivo impartindo un obradoiro no que compartiu moitas experiencias con todo o alumnado de Infantil e da Aula Específica.

 

 

Podedes ver máis imaxes de todo o proceso se escaneades o código QR.

                        

ANIVERSARIOS VERÁN

25/06/2019 16:22
Europe/Madrid

 

ANIVERSARIOS DE VERÁN

E POR SUPOSTO...

TAMÉN FELICITACIÓNS AO ALUMNADO QUE CUMPRIRÁ ANOS NO PERÍODO DE VACACIÓNS.

... E A ALGÚN MÁIS.

NOA

 

 

ALAN

 

 

EDU

 

 

JOAQUÍN, XABI, ALIKA, SARA, RAÚL, VEGA, ANTÍA, VERA, DANIEL FELIPE E MICHELLE

 

 

DAVID, MARTA E SABELA

 

 

... NON NOS ESQUECEMOS DE CARLA...

Distribuir contido