Skip to Content

O símbolo da paz no satélite

Xa hai un tempo, cando comezou a guerra de Ucrania, o alumnado de Educación Plástica pintou no patio do centro o símbolo da paz. Porque as guerras son todas inxustas e os que máis sofren e morren son os que menos culpa teñen.


Foi feito pensando en enviar unha mensaxe ao mundo aproveitando os satélites que nos están a observar cada día. E por iso fixémolo ao grande, de seis metros de diámetro.

Algúns satélites levan un tempo tomando nota do debuxo e o noso obxectivo está, en parte acadado.

Co tempo a pintura foise gastando e, máis que nunca, faise necesario repoñela. Farémolo ao longo deste curso.



story | by Dr. Radut