O pasado 23 de Abril o alumnado de Infantil e Primaria tivemos unha xornada especial de lectura, se ben todos os días o son, esta máis ao conmemorar o Día do Libro. Clica na imaxe e desfruta coma nós "lendo".
A biblioteca do noso centro e o Equipo de Dinamización da Lingua convocan un ano máis o Certame Literario 25 de novembro (para 3º e 4º de ESO) no marco das actividades organizadas para o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Adxúntanse as bases do amentado certame.
O departamento de Física e Química do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o VIII Concurso “Investigación e ciencia” para o alumnado de secundaria. Anexamos as bases.
O pasado 10 de maio, como sabedes, realizamos unha visita a Casa-Museo de Rosalía de Castro e a Pontevedra organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura. O EDLG e o Equipo da Biblioteca elaboramos un roteiro literario a partir do cal elaboramos unha presentación que adxuntamos aquí.
O pasado xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de secundaria visitou, coma xa sabedes, Padrón e Compostela. Trátabase dunha actividade organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega e Literatura á que nos quixemos sumar dende a Biblioteca e o EDLN cun roteiro literario que elaboramos para que os seus textos fosen lidos na visita. Premede aquí se queredes coñecer o roteiro.
O pasado mércores 25 de abril alumnas e alumnos de secundaria participaron nunha actividade para conmemorar o Día do Libro que chamamos "Agasalla unha suxestión". Consistía en regalar unha suxestión de lectura dun libro a outro compañeiro ou compañeira cuxo nome sacaban ao chou dunha bolsa.
Lembrámosvos que ao longo desta semana e da próxima podedes visitar a nosa exposición de fondos sobre Cervantes e Shakespeare na sala de secundaria. Aproveitamos para facer unha pequena presentación con textos destes dous grandes escritores que anexamos nesta entrada.
Ao longo deste mes de marzo expoñeremos na sala de secundaria fondos relacionados co Día Internacional da Muller. Tamén elaboramos unha pequena presentación con fotografías e textos de escritoras para que esta exposición "viaxe" a todas partes a través da Internet.
Estamos a expoñer unha selección de fondos da nosa biblioteca sobre a paz na sala de secundaria. Atoparedes anexa unha presentación con fotografías sobre esta.