Skip to Content

Triste Nova

Estimada comunidade educativa: sentimos comunicar o falecemento de A.C.B. compañeiro do noso alumnado no equipo de  volei Club Aldebarán.

Dende o departamento de Orientación e o Equipo Directivo, ante esta triste nova, acompañaremos ao nosoalumnado e a toda a comunidade educativa no proceso desta dó.

Solicitamos a vosa colaboración neste proceso tendo en conta as seguintes recomendacións:

- Respectar a dor da familia tratando a información de xeito coidadoso.

- Respectar e acompañarnos nas diferentes fases do dó.

Dende o centro educativo estamos a traballar para atender as necesidades dos vosos fillos e fillas.

Como ven sendo habitual estamos á vosa disposición. Un cordial saúdo

O Equipo Directivo

BECAS PARA ALUMNANDO NEAE. CURSO 2024-2025

Aberto o prazo pasa solicitar as BECAS E AXUDAS para o alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE) para o curso 2024-2025.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

O prazo de presentación de solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Para calquera dúbida, poden contactar co Departamento de Orientación.

PROCESO ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN OU PROCEDENTE DOUTRO CENTRO 2024/25

Tedes á vosa disposición no taboleiro do centro as listaxes DEFINITIVAS do alumnado admitido no noso centro para o curso 24/25. Puidemos colgalas antes da data prevista porque non foi necesario baremar ningunha instancia, xa que todo o alumnado que o solicitou foi admitido.

A continuación proporcionamos toda a información para a formalización de matrícula de todo o alumnado. Todavía non se dispón dos impresos necesarios pero tan pronto a Consellería nolos facilite enviaremos un Abalar informando e os colgaremos na web.

Visita ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo

O alumnado de 2º de ESO da materia de Relixión católica, que participan desde o ano pasado no Proxecto Redeiras, visitaron onte aos compañeiros/as do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Fomos recibidos na entrada do instituto, ensináronnos o centro e a continuación no salón de actos nos amosaron unha presentación da cidade de Lugo feita por eles. Despois nos fixeron unha visita guiada por eles mesmos onde nos explicaron diferentes edificios e lugares destacados de Lugo. Despois visitamos a catedral e demos un paseo por un tramo da muralla.
Queremos agradecer, en especial a Aurelia e ao seu alumnado todas estas actividades preparadas para nós. Grazas pola súa acollida e o agarimo amosado connosco.
Picha aquí para ver as fotos da visita.

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

O alumnado de 4º ESO visitou a televisión e a radio galega participando en directo no programa A BÓLA EXTRA.  Logo fixeron o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral e pola tarde a visitaron desfrutando do seu interior.

No seguinte enlace accederedes a toda a información, videos e fotos: 

https://tecnosansa.blogspot.com/2024/05/crtvg-camino-museos-e-tellados-da.html

 

DÍA DO LIBRO 2024

O 23 de abril tivemos unha xornada especial cos libros, celebramos o DÍA DO LIBRO cos apadriñamentos en Educación Infantil e Primaria e co círculo lector na ESO. Un ano mais maiores e pequenos desfrutamos da lectura xuntos e dun xeito diferente a como o facemos día a día. Clica aquí e verás algunha imaxe.

Saída á Filharmonía e Museo de Historia Natural.

O alumnado de 2° ESO asistiu o pasado venres 26 de abril ao concerto programado pola Real Filharmonía de Galicia, un espectáculo de música sinfónica e danza baseado en dous relatos curtos, de Cortázar e de Kafka. Ao remate do concerto realizouse unha visita ao Museo de Historia Natural da USC onde puideron observar exposicións novidosas, como por exemplo unha colección de meteoritos, a sala de minerais e varias zonas de biodiversidade de distintos ecosistemas. O Museo agasallounos un libro para os fondos da biblioteca escolar. Clica aquí para visualizar as fotos da saída.

"Docentesconpalestina"

O venres 12 de abril do 2024 ás12h:00 profesorado do centro realizou un acto contra a masacre en Palestina: Lectura do manifesto de "docentesconpalestina".
Con este acto simbólico, se quere amosar que Gaza somos todas e todos. A súa dor é a nosa, a súa esperanza é o noso compromiso e solidariedade co pobo palestino. A continuación unha imaxe do momento da lectura do manifesto.
 

LER CONTA MOITO

O pasado martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil puido desfrutar do espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Municipal con motivo da celebración do día 1 de abril do libro xuvenil. Clicando na imaxe teredes algunhas das fotos da actividade e un video moi ilustrativo.

 

Resultados da votación para implantación da Xornada en Sesión Única de Mañá para o curso escolar 24-25

No escrutinio das votacións para a Xornada en Sesión Única de Mañá saliron os seguintes resultados da táboa,  o que implica continuar co procedimento de solicitude enviando a documentación pertinente a Xefatura Territorial, posto que se conseguiron mais do 58 % dos votos favorables do censo.

Censo:262

Necesítase o 58% de 262= 152 votos favorables

Distribuir contido


by Dr. Radut