Skip to Content

Xornada Única: Votación Sector Familias

Nesta fase do proceso de Solicitar a Xornada Única, procederase agora coas votacións por parte das familias. Para o cal teranse en conta as instrucións recollidas na “Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados”.

  • Durante 10 días hábiles estará exposto o Censo Electoral no taboleiro do centro (no hall do edificio da ESO): do 9 de febreiro ata o 27 de febreiro.

  • A continuación, outros 5 días hábiles para presentar reclamacións ao censo: do 28 de febreiro ata 5 de marzo.

  • E finalmente o 8 de marzo será a xornada de votación en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 18:30.

Constitución da mesa electoral.

Previa convocatoria pola dirección do centro, a mesa electoral estará formada por:

  • A dirección do centro (presidenta).

  • 2 nais/pais ou titores/as legais (designados por sorteo público no hall da ESO o día 6 de marzo ás 9:30, unha vez rematado o prazo de reclamacións ao censo) e actuando como secretario/a a persoa de menor idade.

  • En previsión de posibles ausencias, no sorteo designaranse titulares e suplentes.

Proceso da votación: Requisitos

  • A efectos de establecer o total do censo, computarase a nai, ou o pai ou un dos titores/as legais do alumnado da etapa na que se pretende cambiar a xornada.

  • Precisarase o acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores/as legais do alumnado.

  • O voto será directo, secreto e non delegable, puidendo votar só a nai, o pai ou un dos titores/as legais.

Deixámosvos ademais nesta entrada o enlace do Plan de Actividades Extraescolares. xa publicado o 16 de novembro de 2023.

Entroido: os mandados de Paquito

 

 

Xornada de Portas Abertas

Un ano mais teremos unha xornada de portas abertas no noso centro para que as familias que así o desexen poidan ver as nosas instalacións e consultar aquelas dúbidas ou aspectos básicos de funcionamento do CPI. Xornada que terá lugar o vindeiro 6 de febreiro de 2024 ás 15:45. Esperámosvos!

 

INICIAMOS PREPARATIVOS PARA CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO CPI

 

 

O CPI de San Sadurniño, inaugurado o 10 de decembro de 1973, celebrará este curso 2023-2024 o seu 50º aniversario e imos celebralo como se merece:

  • Faremos unha exposición de fotos e materiais na que se reflicta a historia do centro ao longo destes anos.

  • Celebraremos un xantar popular ao final deste curso, aberto a toda a Comunidade Educativa.

 

E por iso, vos convidamos a participar:

  • Se contades con fotos que se poidan expoñer, deberedes envialas ao correo: 50cpisansa@cpisansadurnino.org, con isto AUTORIZAS á difusión da túa imaxe na exposición, vídeos e/ou calquera outro medio de reprodución audiovisual relacionado coa celebración do Aniversario do CPI de San Sadurniño. De ser posible especificarase a data (ano, década ou calquera outro dato de interese) das fotografías enviadas.

     

  • Se gardades materiais (libros, cadernos, traballos manuais.....) poderedes traelos ao centro en horario de mañá, e entregalos en secretaria. Deberán vir envoltos, co nome e un teléfono de contacto para poder devolvelos cando remate a exposición.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

 

 

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Segundo se contempla nas intrucións e lexislación vixente sobre o desenvolvemento do proceso de admisión para o curso académico 2024-2025:

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https:/ /www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o modelo normalizado que se publica como Anexo I (formulario normalizado ED550A- completable).

No caso de cumprimentar a reserva de praza a través da aplicación “admisionalumnado”, poderán imprimir a solicitude para entregar posteriormente na Secretaría deste centro ou formalizar a mesma na Sede Electrónica con certificado dixital ou Chave 365 (https:/ /sede.xunta.gal/portada) e neste caso xa non é preciso entregar a solicitude na Secretaría do centro.

Aquelas familias de alumnado de 4º ESO que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Fernando Esquío (Neda) deberán realizar esa reserva de praza no prazo comprendido entre o 15 de xaneiro e o 2 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición coa data límite do día 28 de febreiro de 2024.

 

CANTOS DE NADAL E REIS CO APALPADOR

“Estamos nas portas

Ai! para cantar (e)

Se nos dan licenza

Imos comezar (e) ... “

Así comezamos a cantar á entrada do Concello e de diferentes locais de San Sadurniño o luns 18 de decembro. A actividade foi organizada polo Equipo de dinamización da lingua galega do CPI xunto co Concello de San Sadurniño.

Grazas ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, que tocou, cantou e bailou, a vila reviviu a tradición xa esquecida de cantar na nosa lingua os cantos de nadal e reis, con pezas como o canto de reis de Neda ou a cantiga do apalpador.

Conseguindo proxectar as actividades do centro cara a contorna próxima interaccionamos coa veciñanza, establecementos..., poñendo en valor a lingua galega e a nosa tradición de canto, música e baile.

Ligazón á nova recollida na web do Concello:

https://sansadurnino.gal/o-apalpador-xa-estivo-hoxe-por-san-sadurnino-pero-volvera-o-venres/

Agradecemos ao Café del Palacio e Atrium a súa acollida, a Dzine o seu delicioso chocolate e ao Concello a súa axuda e agasallos.

Xuntamos imaxes e ligazóns para poder ver pequenos fragmentos en vídeo da actividade.

 

 

https://drive.google.com/file/d/1voQtiR7nPP-AFZM1fJe-HmzXVFOwybeZ/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1mJ3ULfemezS3h-frAen2w2QN5HYcjvnz/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1BGsPXDpbmj06XCGBpYJcPQdVDtLSL324/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1j06K3133gOGBmKCu91gSvh4BmzYQVMc2/view?usp=sharing

Feliz 2024

Desexamos a toda a comunidade educativa unhas boas festas e próspero

ano novo.

 

*Xuntamos imaxes cunha escolma do concurso de postais de Nadal 2023 organizado polo Equipo de dinamización da Lingua Galega así como algúns momentos da entrega de premios:

 

 

Por un 2024 no que seguiremos avanzando cara a dinamización do galegona escola.

 

Que a nosa lingua medre con saúde!

 

 

 

 

Agradecementos Cociña Económica Ferrol

Preparamos o Nadal 2023

Chegamos ao final do trimestre, e na última semana antes das vacacións de Nadal, o noso alumnado participou en diferentes actividades e saídas:

 

Visita ao museo Muncyt 1º/2º ESO

                                                

                                                                                               

Visita ao Belén de Begonte co alumnado de Relixión da ESO.

 

      

 

 

       

 

                     

 

Visita cultural ao Belén de Ares co alumnado de E. Infantil.

 

                                             

 

     

 

Montaxe no CPI dos seus propios Beléns.

 

   ESO

 

 

 

 EI/EP

Tamén colaboraron na Operación Quilo 

 

 

Participaron no Festival de Nadal (clica na imaxe para ver o video)

 

 

E xa para finalizar o alumnado da ESO quere felicitar a toda a comunidade educativa coa súa especial e particular FELICITACIÓN MUSICAL:

                                                        Clica na imaxe e te sorprenderás

Os nosos "Maiores"

Onte, luns 18 de decembro de 2023, fomos co alumnado de Relixión ao Centro de Día a visitar aos nosos maiores. Alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º de ESO, cantaron, bailaron, leron unha poesía. Tamén fixeron unha pequena demostración de robótica preparada na clase de Tecnoloxía.

E para rematar entregáronlles un agasallo feito por eles para felicitarlles o Nadal e unha  estrela navideña colocada na solapa. Foi unha experiencia moi enriquecedora pola ilusión con que foron recibidos os rapaces e rapazas, e a quenes entregaron tamén un “detalle” feito polos nosos maiores.

Tamén dentro da actividade  "Sembradores de estrellas", proposta pola delegación de misións, felicitamos o Nadal cantando por diferentes lugares do pobo e colocando a estrela navideña na solapa dos veciños que atopamos pola rúa.

Clica na imaxe para ver toda a reportaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut