Skip to Content

LER CONTA MOITO

O pasado martes 2 de abril o alumnado de Educación Infantil puido desfrutar do espectáculo "A Orixe" de Raquel Queizás na Casa da Cultura, organizado pola Biblioteca Municipal con motivo da celebración do día 1 de abril do libro xuvenil. Clicando na imaxe teredes algunhas das fotos da actividade e un video moi ilustrativo.

 

Resultados da votación para implantación da Xornada en Sesión Única de Mañá para o curso escolar 24-25

No escrutinio das votacións para a Xornada en Sesión Única de Mañá saliron os seguintes resultados da táboa,  o que implica continuar co procedimento de solicitude enviando a documentación pertinente a Xefatura Territorial, posto que se conseguiron mais do 58 % dos votos favorables do censo.

Censo:262

Necesítase o 58% de 262= 152 votos favorables

Día Internacional da Muller 2024

Este ano conmemoramos o 8M a través dun recital de música e poesía. Con este acto queremos visibilizar figuras femininas relevantes, tanto compositoras como poetas, que desenvolveron a súa actividade moitas veces na sombra, empregando seudónimos ou entregando as súas obras para que fosen publicadas por homes do seu entorno próximo. Reivindicamos así a súa obra e a súa relevancia como mulleres que se opuxeron aos roles de xénero que lles impuña a sociedade. 
Parabéns ao alumnado participante, tanto na lectura de poemas como na interpretación musical.
 
Clica na imaxe

PUNTO LARANXA

É un buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros. No noso centro teremos DOUS PUNTOS LARANXAS, un instalado no hall da ESO e o outro, en breve, será colocado no 1º andar do edificio de Infantil e Primaria. Tamén está á vosa disposición o punto laranxa web clicando no logo colocado á esquerda desta páxina.

Muller emprendedora

Este xoves 7 de marzo, o alumnado de 4º ESO da materia Economía, asistiu á charla dunha muller emprendedora no marco da conmemoración do 8M, a cargo de Concepción Domínguez Pérez, propietaria da cafetería Dzine. Pincha no enlace anterior para ver as fotos da actividade.

ACREDITACIÓN COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO QUE CURSA 4º ESO

A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO no curso 2023/24 regúlase nas seguintes instrucións. Información acreditación

Terán unha proba para obter o nivel intermedio.

Pódese facer a solicitude de inscrición da proba específica na secretaría do centro (Anexo IV) ata o luns 11 de marzo inclusive.

 

 

PROCESO ADMISIÓN PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN OU PROCEDENTE DOUTRO CENTRO 2024/25

1. PREVISIÓN DE VACANTES

 

2. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (do 1 ao 20 de Marzo 2024)

  • As solicitudes (ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal   
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente na secretaría do centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, Lei 39/2015 do 1 de outubro.
  • Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Fotocopia cotexada, ou fotocopia e orixinal, do libro de familia.

 

3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN CASO DE BAREMACIÓN (clica no adxunto ao final da entrada)

4. LISTAXE PROVISIONAL (25 de Abril 2024)

Ante as listaxes publicadas poderá presentarse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. (do 26 abril ao 02 de maio 2024).

5. LISTAXE DEFINITIVA (15 de Maio 2024)

6. FORMALIZACIÓN MATRÍCULA (Finais Xuño/Principios Xullo 2024, pendente confirmar datas)

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25 CON RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Todo o alumnado procedente do CEIP San Ramón de Moeche para cursar 1º ESO no

CPI de San Sadurniño foi admitido.

Poderán consultar a listaxe pública:

  • Presencialmente:   Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no hall da ESO do CPI de San Sadurniño.

  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

Educación Viaria

O pasado mércores 21 de febreiro o alumnado de 3º e 4º EP desfrutou dunha xornada de bicis no patio do colexio, un circuito preparado ao que acompañou o bo tempo. Actividade desenvolvida dentro do proxecto de E. Viaria.

                                         Pinchade na imaxe para ver a galería de fotos e vídeos.

Entroido de libro

Nesta semana Paquito foi o protagonista cos seus mandadados, dando paso a un gran desfile o venres para festexar un Entroido de libro, de conto... Agradecemos ás familias a súa asistencia e os seus aplausos. Tamén ao Concello por agasallarnos con producto local para merendar, as famosas e ricas Maruxas de nata. A continuación unha mostra do que vivimos este venres de Entroido, clicade na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut