Skip to Content

A MAXIA DA ROBÓTICA

O alumnado de 4º da ESO participou o 7 de novembro no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica na Coruña. Saída que tamén aproveitaron para facer unha visita ao museo de tecnoloxía Muncyt. No seginte enlace poderás acceder a máis información da xornada.

"O CPI EN FROITA" E COLABORACIÓN DOS MEMBROS DA ASOCIACIÓN GALEGA DE FROITA AUTÓCTONA -AGFA

 "O CPI en froita" foi o nome co que o alumno Anxo Pena de 4º ESO A bautizou a exposición de mazá autóctona que montamos no centro, ademais de deseñar as etiquetas identificativas das distintas variedades.

Foi unha actividade organizada polo departamento de Educación Física e o Equipo de dinamización da Lingua Galega (EDLG)

 

Mazás da horta de froiteiras de San Sadurniño cedidas pola AGFA e mazás que trouxo da casa o alumnado e profesorado formaron esta exposición: Tabardillas, reinetas de gardar, de setembro, tres en cunca, do couce, sangue de touro, ollo mouro, príncipe ou do río vello...
Dende San Sadurniño (Naraío, Ferreira..), Moeche (Abade...) até Valdoviño, Neda ou A Capela chegaron mazás ao centro para poñer en valor a nosa froita, ampliar o coñecemento da riqueza de variedades e vocabulario e animar ao seu consumo.
Durante o mes de outubro no ximnasio do edificio de Secundaria alumnado de E. Intfantil, E. Primaria e ESO puido visitar a exposición de mazá autóctona.

Alumnado de 4º da ESO colaborou co EDLG para guiar e ofrecer explicacións na nosa lingua ao alumnado visitante.

Contamos incluso coa colaboración de Alberto e de Bellas, membros do asociación galega de froita autóctona que nos visitaron e axudaron a identificar algunhas mazás que trouxo o alumnado da casa á vez que animaron á conversa, en galego, sobre esta froita que moitos/as trouxeron da casa de avós, tías, veciños/as...

Finalmente unhas xornadas de degustación, dentro das actividades do Plan de actividades físicas e hábitos saudábeis do centro, fixeron que o alumnado dera boa conta das mazás expostas.

UN XESTO SOLIDARIO

Este foi o xesto solidario que os nenos e nenas de Guinea tiveron co noso alumnado ao recibir os seus debuxos.

Sobran as palabras...

 

                                             

CHARLAS GABRIEL TIZÓN

Hoxe visitounos Gabriel Tizón, fotógrafo con ampla experiencia traballando en máis de 60 países e fundador do proxecto “Utopía”, da ONG “Causas Comúns”, da que é presidente. Actualmente traballa en varios países e en Guinea Bissau principalmente.

O alumnado de 2º a 4º da ESO viu un documental, fotografías e compartiron un tempo no que se deu valor á educación e a diferentes valores.

Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo tamén viron algunhas imaxes, puideron facerlle preguntas a Gabriel Tizón e lle entregaron uns debuxos que levará a Guinea Bissau.

Este é o comezo dun proxecto solidario que queremos levar a cabo con esta ONG contando coa implicación do noso alumnado.

 

 

 

 

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24.

O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1. As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado pola familia.

O prazo para presentar o compromiso individual na secretaría do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.

Para ir ao texto da resolución ou ao compromiso clica nos seguintes enlaces:

RESOLUCIÓN 29 DE SETEMBRO 2023

COMPROMISO

SAAABOR!

Saaabor! é unha obra teatral de xénero cómico na que se mistura música, maxia, humor, ritmo e participación a carón do mundo da gastronomía. Espectáculo ofertado polo Concello e interpretado por Félix Rodríguez e Fran Rei, e que o alumnado de 4º e 5º de EP e 1º ESO puido desfrutar o pasado 11 de Outubro na Casa da Cultura de San Sadurniño.

 

       

VISITA Á HORTA DE FROITEIRAS DE SAN SADURNIÑO

 

Luns 25 de setembro realizamos, co alumnado de 1º ESO, unha visita guiada (por membros da Asociación galega de froita autóctona do Eume-AGFA) á horta de froiteiras de San Sadurniño. Foi unha actividade organizada polo departamento de Educación Física e da materia de Bioloxía.

Nesta saída o Equipo de dinamización da lingua galega do centro -EDLG- propuxo ao alumnado o reto de expresarse en lingua galega durante toda a actividade. Ademais, animamos ao alumnado a identificar as variedades autóctonas de mazá que teñan na casa e logo tentar expoñelas no centro coa colaboración da AGFA, á que agradecemos toda a súa atención e o seu bo labor para poñer en valor a froita autóctona.

Xuntamos imaxes da visita.

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN DIARIA

A continuación, no seguinte arquivo que podedes ler e descargar, deixámosvos unha seria de normas diarias que permitirán unha mellor xestión organizativa do centro e de toda a comunidade educativa.

HORARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º EI

 

ORGANIZACIÓN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN. 4º E. INFANTIL

GRUPO: TODO O ALUMNADO DE 4º EI

HORARIO DURANTE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN: SEMANA DO 11 AO 15 DE SETEMBRO.

 

 

LUNS 11 (1H)

10:00 A 11:00 HORAS

MARTES 12 (1,5H)

9:45 A 11:150 HORAS

           MÉRCORES 13 E XOVES 14 (3H

9:30 A 12:30 HORAS

Todos con merenda

VENRES 15 (4H)

9:30 A 13:30 HORAS

Todos con merenda

 

MODIFICACIÓN NAS HORAS DE SAÍDA PARA E.INFANTIL

Na última entrada desta páxina web, relativa aos horarios do centro, aparecen unhas horas de saída para o ALUMNADO NON TRANSPORTADO de E.Infantil que temos que modificar. Quedando as horas como se indican a continuación:

Saída polas mañás EI: 13:50h.

Saída polas tardes EI:  16:50h

Desculpade polas molestias ocasionadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut