Skip to Content

BENVIDA AO CURSO ESCOLAR 2023-2024

O novo equipo directivo, constituído por:

Directora: Seijas Morandeira, Mª Isabel

Xefa de Estudos de EI/EP: Veiga Fernández, Inés

Xefa de Estudos de ESO: García Fraga, Sandra

Secretaria: Brea Santiago, Ana Mª.

queremos darvos a benvida a toda a comunidade educativa para o novo curso escolar 2023-2024 que xa deu inicio o día 1 de setembro para unha parte da mesma e que o fará para todo o alumnado o día 11 de setembro de 2023.

Arrincamos!!

Deixámosvos a continuación información importante para o inicio de curso:

HORARIO DO CENTRO:

                                                              Entradas

 

 

 

Mañá

  • Todo o alumnado de EI/EP TRANSPORTADO entra polo patio cuberto a partir das 9:15h.
  • O alumnado  de EI/EP NON TRANSPORTADO entra pola porta principal a partir das 9:25h.
  • O alumnado da ESO NON TRANSPORTADO entra pola porta lateral do edificio da ESO a partir das 9:25h.
  • Polas mañás as portas péchanse ás 9:35h. Unha vez pechadas, o alumnado que se retrase deberá ir a secretaría. 

Tarde

(Martes/Xoves)

●  Polas tardes ábrense as portas ás 15:55h e péchanse ás 16:05h, o alumnado que se retrase deberá ir a secretaría.

 

     Saídas

 

 

Mañá

  • O alumnado de EI sae pola porta principal ás 13:45h.
  • O alumnado de 1º e 2º EP sae pola porta principal ás 13:55h.
  • O resto de cursos de EP saen pola porta principal ás 14:00h.
  • O alumnado da ESO sae pola porta lateral do edificio da ESO ás 14:55h.

 

Tarde

(Martes/Xoves)

 

  • O alumnado de EI sae pola porta principal ás 16:45h.
  • O alumnado de 1º e 2º EP  sae pola porta principal ás 16:55h.
  • O resto de alumnado de EP sae pola porta principal ás 17:00h.
  • O alumnado de ESO sae pola porta lateral do edificio da ESO ás 16:55h. 

                                            

REUNIÓNS INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS:

Etapas

Cursos

Data

Lugar

Educación Infantil

(EI)

4º EI

7 de setembro ás 10:30h.

Na súa aula de referencia.

5ºEI

6 de setembro ás 11:00h.

Na súa aula de referencia.

6ºEI

7 de setembro ás 10:30h.

Na súa aula de referencia.

 

 

Educación Primaria

(EP)

1ºEP

8 de setembro ás 10:30h.

Na súa aula de referencia.

2ºEP

8 de setembro ás 10:30h.

Na súa aula de referencia.

3ºEP

8 de setembro ás 12:00h.

Na súa aula de referencia.

4ºA e 4ºB EP

7 de setembro ás 10:30h.

Na aula de música

5º EP

8 de setembro ás 11:30h.

Na súa aula de referencia.

6ºA e 6ºB EP

7 de setembro ás 12:00h.

Na aula de música

Educación Secundaria

(ESO)

Todos os cursos

 14 de setembro ás 16:15h.

 Cada curso na súa aula  de referencia.

ATENCIÓN DURANTE O MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto, únicamente se atenderán emerxencias, que poderán ser comunicadas no correo electrónico do centro, preferentemente, ou no teléfono de emerxencias do CPI (881930498).

Grazas e bo verán a todos/as.

Listaxes definitivas de PRIMARIA e de ESO de axudas de libros e/ou material escolar curso 2023-2024

No taboleiro do centro xa están as listaxes definitivas de axudas de libros e/ou material escolar, tanto de PRIMARIA como da ESO.

Importante: lémbrase que por protección de datos non se poderán facer fotos das listaxes expostas.

Poderanse recoller os vales en horario de 9:30h a 14:30h, na secretaría do centro.

Dende o xoves 13 de xullo ata o xoves 20 de xullo (ámbolos dous días inclusive). 

Listaxes provisionais ESO das axudas de libros e/ou material escolar 2023-2024

Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais da ESO de axudas de libros e/ou material escolar para o curso 23-24.

Unha vez consultadas as listaxes haberá 2 días para reclamacións, martes 11 de xullo e mércoles 12 de xullo.

IMPORTANTE: por protección de datos non se permitirá facer fotos das listaxes expostas.

Listaxes provisionais PRIMARIA das axudas de libros e/ou material escolar 2023-2024

No día de hoxe foron publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de E.Primaria de axudas de libros e/ou material escolar para o curso escolar 2023-24.

Unha vez consultadas as listaxes haberá 2 días para reclamacións, luns 10 de xullo e martes 11 de xullo.

IMPORTANTE: por protección de datos non se permitirá facer fotos das listaxes expostas.

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI de SAN SADURNIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O Curso 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar,poderán apuntarse nas listas de admisión, que , habilitadas para este fin, se atopan na Secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de Setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Nos seguintes adxuntos podedes consultar a Relación de Libros de Texto e outros materiais para o vindeiro curso escolar e das etapas de E. Secundaria (ESO) e E. Primaria (EP).

Na etapa de E. Infantil (EI) non hai libros.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 23-24

A continuación podedes descargar o Anexo II da Autodeclaración do Comedor Escolar, que deberedes cubrir TODOS os usuarios para facer uso do comedor o vindeiro curso 2023-24.

Recoméndase ler as especificacións antes de cubrir a Autodeclaración.

Unha vez cuberta a Autodeclaración, esta entregarase á maior brevidade posible na secretaría do centro.

Obra de arte colectiva no 50 cabodano de Picasso

O alumnado de 1º da ESO realizou, para rematar o curso, unha obra de arte colectiva para lembrar a Picasso no 50 aniversario da súa morte.

A obra escollida foi Ciencia e caridade que pintou o artista aos 15 anos de idade. Para facela dividimos o cadro en 42 anacos que foron repartidos entre o alumnado que se encargou de reproducilo mesturando cores e aplicando luces e sombras.

A obra orixnal é a seguinte.

E o resultado unha vez montados os 42 anacos...

ACTIVIDADES PARA A COMPOSTAXE NO CURSO 2022-2023

Neste curso que remata ampliamos o noso programa de compostaxe.

Podedes ver nas ligazóns un resumo do traballo feito durante o curso   polo alumnado de EI, EP e ESO, polo profesorado dentro das tarefas do CPinnova e do PFPP (cun curso e un grupo de traballo sobre o tema) e polo persoal de cociña de de conserxería.

Agradecemos á dirección do centro a colaboración para o desenvolvemento das actividades e tamén ás seguintes entidades e persoas colaboradoras:

  • Ás persoas relatoras nas actividades de formación: Emilio R. Fabal, Jorge Alonso, María Durán.
  • Concello de San Sadurniño
  • Dzine
  • Atrium
  • Café del Palacio
  • Misión biolóxica de Galicia-CSIC
  • E ás familias que colaboraron con achegas de sementes para o horta

Nas seguintes ligazóns podedes ver ous vídeos sobre o programa:

Curso de estruturas para compostaxe

Compostaxe e sostibilidade CPInnova

 

Distribuir contido


by Dr. Radut