Skip to Content

Actividades

ACTUACIÓN NO TEATRO JOFRE DA COMPAÑÍA "PEGADAS MUSICAIS"

O 11 de xuño os alumnos de quinto que forman a compañía "Pegadas Musicais" representaron no Teatro Jofre de Ferrol a ópera/musical "Segredo no faro" que crearon durante este curso, dentro do proxecto LÓVA (La ópera un vehículo de aprendizaje).

Gravouse un vídeo coa súa actuación, que podedes ver se entrades no seu blog premendo no seguinte enlace.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Como remate do trimestre organizamos diversas actividades nas que participaron os alumnos de infantil e primaria.

Na Casa da Cultura celebramos o Festival de Nadal, no que os alumnos de Infantil e Primaria interpretaron as panxoliñas que prepararon coa profe Ana Vázquez nas clases de Música. Tamén fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso de tarxetas de Nadal que organizou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Os alumnos de Infantil e Primeiro obtiveron un premio colectivo e no resto dos cursos repartiuse un primeiro e segundo premio por cada aula.

 

Un ano máis, os Reis Magos visitaron o Colexio e recibiron a todos os alumnos para saber das súas peticións e entregarlles un pequeno agasallo para compartir entre todos os alumnos de cada aula. Esta actividade foi organizada en colaboración coa ANPA.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres 15 de novembro, os alumnos de Infantil e de Primaria festexamos o Magosto. 

Como o día estaba bo, comimos no patio as castañas que nos trouxo a ANPA. Cando rematamos de comer, dedicámonos a xogar a varios xogos populares: a corda, os aros, os diábolos, o brilé, ... Aquí tedes un pequeno resumo do ben que o pasamos.

Día do Peón 2013

O pasado luns día 11 de novembro o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria celebrou, baixo a convocatoria de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, o Día do Peón.

Tamén contamos coa participación de nais e pais (así coma de algunha avoa), polo que agardamos que en vindeiras edicións ese número se incremente.

E a modo de resumo de como foi a xornada, aí vos vai un "pequeno" vídeo.

 


Os nosos peóns decorados

Parte do alumnado de Educación Primaria está a participar na "III Mostra Internacional Virtual de Peóns decorados". Así, todos aqueles nenos e nenas que quixeron decorar o seu peón, prestárono para ser fotografiado e enviado aos organizadores desta iniciativa.

Froito desta colleita de imaxes, e antes de que sexa publicada na internet para que cada un destes alumnos e alumnas podan esculcar onde se agocha o seu peón, velaí vai unha pequena audiovisual coma mostra do material presentado.

 

Imaxe de biblioip

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

O mércores 20 de febreiro os alumnnos de 5º de infantil e de 1º e 2º de primaria fomos a Santiago de Compostela.

Primeiramente asistimos a un concerto da Banda Municipal con pezas musicais das películas de Disney. Despois de xantar na Alameda realizamos un pequeno percorrido pola cidade.

Premendo na imaxe podedes ver algunhas imaxes deste día.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Coma todos os anos celebramos o magosto. Primeiramente compartimos as castañas que nos trouxo a AMPA. Que boas estaban!

Despois xogamos cos nosos compañeiros a unha serie de xogos que nos preparou o "profe" de educación física: os zancos, a roda, a castañoca, o brilé, a pita cega, a corda, ... Que ben o pasamos!

 

 

DÍA DO PEÓN 2012

O día 9 de novembro celebramos o día do peón. Decoramos os corredores cos carteis que fixemos en cada aula para anunciar esta actvidade e montamos unha exposición con diferentes tipos de peóns que trouxemos entre todos.

Ese día o Equipo de Dinamización de Lingua Galega entregounos uns agasallos pola nosa participación e despois fixemos unha competición para atopar o mellor bailador ou bailadora de cada clase.

Aquí tedes un resumo do ben que o pasamos este día:

Actividade de promoción do voleibol en Primaria

Os pasados martes 9 e venres 19 contamos, durante as clases de Educación Física de Primaria, coa visita de David, o profesor da escola do Club Voleibol Aldebarán.


AO SON DO HIMNO GALEGO

O día 15 de maio entregáronse os premios dos cocursos das Letras Galegas e os alumnos e alumnas de 6º de Primaria interpretaron o Himno Galego.

Distribuir contido


by Dr. Radut