Skip to Content

bloque-estilos

O valor da constancia

Experiencias no EPAPU. Vídeo 12: María

Presentámosvos o último vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, María explícanos o que conleva traballar en educación con persoas adultas, os retos, as dificultades e as compensacións. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podes velo aquí:

 

Experiencias no EPAPU. Undécimo vídeo: Miguel

Presentámosvos o undécimo vídeo dunha serie no que o persoal docente e non docente e o alumnado nos relatan a súa experiencia. Neste, Miguel explica que o levou a estudar no EPAPU, como se sente neste centro e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Décimo vídeo: Jessica

No décimo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Jessica cóntanos a súa motivación para estudar no EPAPU e os seus plans de futuro. O contido do vídeo está interpretado en LSE e subtitulado en galego. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí:

Experiencias no EPAPU. Noveno vídeo: Marcos

No noveno vídeo da serie Experiencias no EPAPU, Marcos fálanos da súa perspectiva sobre o ensino de adultos, o perfil do seu alumnado e a experiencia docente neste centro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí.

Día Nacional das Linguas de Signos

No EPAPU Albeiros queremos conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas con este vídeo, que recolle a presenza da LSE no centro.  #EpapualbeiroscoaLS #EucoaLS #YoconlaLS

Experiencias no EPAPU. Oitavo vídeo: Fátima

Neste oitavo vídeo da serie Experiencias no EPAPU, voltamos ver unha alumna do centro. Aquí, Fátima cóntanos a súa experiencia neste centro, no que finalizou a ESO e está a estudar Bacharelato. Ela fálanos dos motivos que a levaron a estudar aquí e os seus plans de futuro. O vídeo é accesible para persoas xordas, xa que inclúe interpretación en LSE e subtitulado en galego. Podedes velo aquí.

Excursión a Ourense e ao Castro de San Cibrán de Lás

O pasado 31 de maio organizouse unha excursión a Ourense á que acudiron alumnado e profesorado do EPAPU Albeiros. Pola mañá fixemos unha visita guiada pola cidade, na que nos falaron da historia da mesma e da súa importancia para a historia da literatura galega. Despois dun baño relaxante nas Burgas, comemos e finalizamos a viaxe coñecendo mellor os nosos devanceiros castrexos na visita ao Castro de San Cibrao de Lás, onde paseamos por todos os recunchos deste poboado fortificado, habitado desde o século II a.C ata o século II d.C.

Deixamos aquí un vídeo testemuño do noso paso por Ourense, onde recollemos as fotografías realizadas na visita. Que o desfrutedes!

Distribuir contido


by Dr. Radut