Evitar navegación.
Principal

Información Curso Iniciación Surf en Semana Santa 2023

O Concello promove un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro para Semana Santa 2023

 

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, promove para Semana Santa 2023, durante os días 6, 7 e 8 de abril, un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro, en ‘La vieja escuela by After Surf’.

Terán preferencia os empadroados/as no municipio e facilitarase tanto o transporte ata o areal como traxes de neopreno e táboas para realizar a actividade. A Administración local facilitará un formulario de inscrición web.

Está dirixido a mozas e mozos de idades comprendidas dos 16 aos 30 anos e un máximo de 20 persoas. O horario será de 17:00 a 19:00 horas os tres días. A inscrición poderase facer efectiva ata o 30 de marzo de 2023 e o sorteo, no caso de haber máis persoas rexistradas que prazas, realizarase o 31 de marzo.

A lista definitiva colgarase o 1 de abril de 2023 na web municipal. É obrigatorio saber nadar.
Máis información na web do Concello.