Evitar navegación.
Principal

INFORMACIÓN SOBRE A RECOLLIDA DE LIBROS E A ENTREGA DE CHAVES DE TAQUILLA - 13/06/2023

RECOLLIDA DE LIBROS

En relación co Abalar que recibimos esta mañán sobre a recollida de libros de texto prestados polo banco de libros do ano pasado, comentar que, novamente, o instituto pediu a colaboración da ANPA para que se poidan aproveitar estes libros que sexan reutilizables para o vindeiro curso.

Dado que o próximo ano toca a adaptación dos cursos pares á nova lei de educación, coa conseguinte adaptación de libros, a día de hoxe, os únicos libros que podemos recoller e reutilizar son:

* Física e Química de 2º ESO
* Libro de texto de Francés de 3º y 4º ESO
 
A recollida a faremos entre mañán, mércores 14 e xoves 15.
Se algún alumno/a non pode entregar o libro porque ten a materia pendiente de recuperación, poderá entregarnos o libro unha vez superada a materia (por favor, envíen aviso por correo electrónico).
 
No caso de necesitar algún destos 3 libros para o próximo curso, envíen unha solicitude por correo electrónico, co nome do alumno/a e o curso para o que vai, a apaagalera@yahoo.es
 
Os libros serán repartidos a partir de setembro. Á hora de solicitar o libro de francés de 3º ou 4º, teñan en conta que esta materia é optativa nestes cursos.
---
 
Na asamblea extraordinaria de onte tamén se falou de que é importante estar atentos ás instruccións que veñan no listado de libros (na parte de abaixo) do curso que ven, que estará dispoñible pronto na páxina web do centro. Para algunhas materias piden que non se compre o libro antes de falar co profesor da materia en setembro.
 
Asimesmo, desde o departamento de francés, chegouse a un acordo coa editorial de xeito que, coa compra do cuadernillo de francés de 1º e 2º ESO (que pode comprarse coa axuda para material escolar), o alumnado terá acceso a un código que lle permita baixar o libro de texto dixital.
 
DEVOLUCIÓN DE CHAVES DE TAQUILLA
Recolleremos as chaves de taquilla o xoves 15 nos dous recreos. No caso de querer devolver a chave pero non poder facelo ese día, por favor póñanse en contacto con nós por correo electrónico (apaagalera@yahoo.es) e daremos cita para outro día.
 
Recordamos que non é necesario devolver a chave se xa se renovou o alquiler de taquilla para o curso que ven.