Evitar navegación.
Principal

ANPA "A GALERA"

NUEVO HORARIO OFICINA CURSO 2019/20

LUNES:   16:30 a 17:30

JUEVES:  10:00 a 11:00

IMPRESOS SOCIOS Y TAQUILLAS CURSO 2019/20

TAQUILLAS SOLO DISPONIBLES PARA SOCIOS DEL AMPA

FESTA DO ENTROIDO 2018

Para a celebración do Entroido, como xa ven sendo habitual estes últimos anos, vaise a organizar dúas actividades: un concurso de elaboración de carteis e un concurso de disfraces. Os gañadores serán premiados con entradas de cine, auriculares bluetooth e bonos para unha consumición na cafetería do Instituto.

Nesta actividade colabora a ANPA, coa financiación do Concello de Culleredo e da Deputación da Coruña.

 Imagen relacionada                            

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA ANPA "A GALERA" PARA O DÍA 18/12/2017

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA "A GALERA" PARA O DÍA 18 DE DECEMBRO DE 2017 ,

PUNTOS A TRATAR:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.

2.- Memoria de actividades do curso 2016/2017.

3.- Presentación e aprobación das contas do curso 2016/2017.

4.- Presentación de candidaturas para a renovación da Xunta Directiva.

5.- Eleccións.

6.- Constitución da nova Xunta Directiva.

7.- Rogos e preguntas.

O Concello de Culleredo subvenciona con 2.000 € á ANPA A Galera.

O Concello de Culleredo concedeu o 15 de setembro de 2017 unha subvención por importe máximo de 2.000 € á ANPA A Galera para actividades de promoción da educación. Esta subvención cubre o 80% do custo total das actividades obxecto da subvención levadas a cabo dende o 15 de setembro de 2016 ata o 15 de setembro de 2017.

 escudo

CONVOCATORIA ASAMBLEA ANPA "A GALERA",

CONVOCATORIA ASAMBLEA DO 19 DE DECEMBRO DE 2016 DA ANPA "A GALERA",

PUNTOS A TRATAR:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asamblea anterior.

2.- Memoria de actividades do curso 2015/2016.

3.- Presentación e aprobación das contas do curso 2015/2016.

4.- Presentación de candidaturas para a renovación da Xunta Directiva.

5.- Eleccións.

6.- Constitución da nova Xunta Directiva.

7.- Rogos e preguntas.

IMPRESOS PARA ASAMBLEA DA ANPA "A GALERA"

IMPRESO DE REPRESENTACIÓN EN VOTACIÓN DE ASAMBLEAS DA ANPA "A GALERA"

IMPRESO CANDIDATURA A XUNTA DIRECTIVA ANPA "A GALERA"

ENTROIDO IES E. BLANCO AMOR 2016



Dende onte 01/02 xa temos gañadoras do certame de carteis:

Mayra Quintela, Andrea Tabeaio, Yolanda Lousada - 3º PMAR

 

 

¡Noraboa!

 

GRAN FESTA DO ENTROIDO IES E. BLANCO AMOR 2016

 

 

 

 

A/ PARA INSCRIBIRTE PINCHA EN:

 

1. Modalidade disfraz individual

 

2. Modalidade grupo mixto

 

3. Modalidade grupo clase

 

 

 

 

 B/ INFORMACIÓN SOBRE OS CONCURSOS

 

 

1.- CERTAME DE CARTEIS

 

  • Os carteis estarán elaborados en formato DIN-A3, técnica libre.

  • Haberá dúas categorías: individual e grupo clase, máximo grupos de 5 alumnos.

  • Deben incluír:

    • Alusión ao IES Eduardo Blanco Amor

    • Data da festa (5 de febreiro de 2016)

  • No momento da entrega cada cartel será designado por un código composto do identificativo da aula e o nº do participante, que se relacionará co autor o autores do mesmo. Os autores irán especificados na parte traseira do cartel. Non se fará referencia ao autor ó autores no diseño do cartel.

  • Lugar de entrega: Segundos recreos na Biblioteca do centro.

  • Data límite de entrega: 28 de xaneiro de 2016 (no segundo recreo).

  • Todos os carteis serán expostos no ximnasio ou no hall do instituto.

  • Haberá un xurado composto por un profesor ou profesora, un alumno ou alumna, un membro do personal non docente e dous pais ou nais.

  • O xurado publicará o cartel gañador de cada categoría o luns 1 de febreiro.

  • O cartel gañador será utilizado para publicitar o entroido IES EBA 2016 a todos os efectos.

  • Os autores dos carteis gañadores recibirán un premio por xentileza da ANPA:

                 1. Premio cartel individual: entrada cine + combo bebida e palomitas + tarxeta

                     20 euros do Corte Inglés.

                 2. Premio cartel grupo: entradas cine + combo bebida e palomitas

 

 

Agradecementos:

1. Ao Concello de Culleredo pola súa aportación económica a ANPA, un ano máis, e que nos axuda a realizar este evento e manter viva a festa do Entroido.

2. A todos os profesores e personal de servicios de Admon del centro que se implicaron na competición, incentivando a participación dos estudantes, e como xurado aportando o seu mellor criterio.

3. E sobretodo a todos os participantes porque  grazas o seu traballo e entusiasmo,xa temos  una parte muy importante da Festa, o Cartel do Entroido 2016.

 




2.- CONCURSO DE DISFRACES

 

  • A data límite para apuntarse será o 28 de xaneiro de 2016.

  • Pasada esa data só será posible engadir a alguén nun grupo previamente formado e apuntado dentro do prazo sinalado.

  • Para apuntarse haberá que indicar:

    • Nome e Apelidos, clase, motivo do disfraz ou do grupo, participantes,  email e teléfono de contacto.

    • Se vai precisar música ou algún outro medio técnico para a posta en escea, A MÚSICA SE TRAERÁ NUN DISPOSITIVO USB, (excepcionalmente con motivo da festa, admitirase levar a música no móvil) .

  • Para apuntarse: on line na web do centro ou no buzón do ANPA

  • Non está permitido o uso de caretas, máscaras nin nigún outro elemento que impida recoñecer aos disfrazados.

  • Non se admitirá como disfraz, vestirse cun buzo ou calquera outro uniforme de traballo, se non está suficientemente caracterizado e teatralizado.

  • Se pasado o prazo de inscrición non se aprecia suficiente interese por parte dos alumnos e alumnas, a festa será suspendida. (mínimo 200 alumnos)

  • Haberá tres categorías de premios:

    • Ao mellor disfraz individual: entrada cine+combo bebida e palomitas+ tarxeta 20 euros do Corte Inglés.

    • Ao mellor disfraz colectivo: entradas cine+combo bebida e palomitas

    • Ao mellor grupo clase: entradas cine+ combo bebida e palomitas

    • Só se poderá participar nunha categoría.

  • O número mínimo para participar como grupo será de 2 personas e máximo 25, ou clase completa.

  • Valoraráse a orixinalidade, coreografía, posta en escea, interpretación, cantigas,...

  • Os premios serán costeados pola ANPA.

 

OS/AS PARTICIPANTES E COLABORADORES, LEVARÁN UNHA CONSUMICIÓN PARA A CAFETERIA DO CENTRO A CONSUMIR NO PRAZO DE 5 DÍAS LABORABLES

 

XI Concurso de Postais de Nadal

O I.E.S. Eduardo Blanco Amor e a A.N.P.A. A Galera convocan o XI concurso de postais de Nadal.

PREMIOS:


  • Á máis elaborada.
  • Á máis orixinal.
  • Á máis graciosa.


FORMATO DA POSTAL:


  • Motivo: O Nadal.
  • Cartulina tamaño A5.
  • Estilo libre.
  • Materiais a elixir libremente polos concursantes.
  • O nome, apelidos e curso deberán constar unicamente detrás do debuxo. (Quedarán excluídas do concurso as postais co nome escrito por diante)


LUGAR E DATA DE ENTREGA:


A entrega das postais realizarase entre o 30 de novembro e o 4 de decembro, ambos incluídos, deixándoas na conserxería.


PREMIOS:


Haberá tres premios idénticos. Os gañadores recibirán cada un unha tarxeta regalo por importe de 60 €, que poderán trocar no FNAC da Praza de Lugo (A Coruña) polo agasallo que queiran, por exemplo DVD, CD, calquera produto das seccións de imaxe e son, telefonía, informática, libros e eBooks, fotografía, videoxogos, etc.


A entrega de premios efectuárase o día 16 de decembro nas aulas.


XURADO


  • Dª Dolores García Saavedra
  • D. Ignacio Niño Ricoy
  • D. Antonio Dueñas Dorrío
  • Dª Begoña Brea Ramos
  • Dª Mercedes Touzón Chacón
  • Dª Purificación López Arca


¡Animádevos a participar!

 

No XI concurso de postáis do Nadal, convocado polo I.E.S. Eduardo Blanco Amor e o A.N.P.A. A Galera foron premiados:
  • Pola postal máis elaborada, a creativa Alba López Álvarez de 3º B
  • Pola postal máis orixinal, un premio moi reñido, merecido pola no menos creativa y orixinal Sofía Martínez Hernández de 2º G.
  • Premio pola postal máis graciosa  foi elexida a tamén casualmente tarxeta participante máis madrugadora, a primeira recibida no ANPA, de Melody García Sánchez de 3º C.

 

 

 

 

 

Agradecementos:

  1. Ao Concello de Culleredo pola súa aportación económica a ANPA, un ano máis, e que nos axuda a realizar este evento e manter o xa tradicional festival de Postáis no Instituto.
  2. A todos os profesores que se implicaron na competición, incentivando a participación dos estudantes, e como xurado aportando o seu mellor criterio.
  3. E sobretodo a todos os participantes que (foron bastantes, pero nos hubiera encantado que participasen máis) co seu esforzo (periodo de exames) e co seu entusiasmo fixeron que disfrutaramos moitísimo de esta excelente mostra de Postáis e manter un ano máis, viva esta tradición do Nadal.

 

O ANPA A GALERA quérelles moita Salúde e Felicidade para as Vacacións e o Ano 2016.

Boas Festas !!!

Felices Fiestas !!!

Distribuir contenido