Skip to Content

Recollida de aceite usado de cociña

A partir de hoxe, o IES Félix Muriel conta cun contedor onde podedes depositar en recipientes (envases de plástico pechados) o voso aceite de cociña usado.

A nosa comunidade educativa quere participar no proxecto de economía social e medioambiental que leva a cabo a cooperativa Mulleres Colleiteiras, a cal recolle, almacena, valoria e recicla o aceite doméstico cun dobre obxectivo:

- Reducir a contaminación ambiental, xa que un litro de aceite reciclado equivale a 1000 litros de auga limpa no mar.

- Proporcionar emprego a un grupo de mulleres en situación de exclusión social.

 

O contedor está situado na entrada principal do centro.

Máis información sobre Mulleres Colleiteiras en https://mullerescolleiteiras.blogspot.com/

Magosto no Félix Muriel

O vindeiro luns celebraremos o magosto e mais o concurso de cabazas. Trae a túa cabaza e participa no concurso.

Xornadas por un Monte Vivo

ADIADAS POR RAZÓNS CLIMATOLÓXICAS ATA NOVO AVISO

O IES Félix Muriel por medio do proxecto Biocultura e territorio, integrado no curso 2023/24 por profesorado de 11 departamentos didácticos, participa nas Xornadas por un Monte Vivo que ao longo da fin de semana do 28 e 29 de outubro desenvolveranse nos terreos das Comunidades de Taragoña e Leiro, promovidas pola Plataforma pola Defensa do Monte e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
As actividades a desenvolver consideramos que supoñen unha moi boa oportunidade para compartir valiosas experiencias e aprendizaxes necesarias para o noso presente, e importantes para a nosa mocidade, que nun tempo non afastado terá que xestionar con criterio os recursos comunitarios.

Animámos a participar ao conxunto da comunidade educativa do Félix Muriel!

Xúntase o programa de actividades.

En caso de chuvia, as xornadas trasladaranse á fin de semana do 4 e 5 de novembro.

Probas de nivel de lingua inglesa

A Xunta de Galicia vén de convocar as axudas para as probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2023-24 estea matriculado en 2º de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). Desde o centro infórmase que non ten a validez das probas da Escola Oficial de Idiomas.


As probas son gratuitas para o alumnado.

O alumnado interesado deberá enviar un correo electrónico a ies.felix.muriel@edu.xunta.gal indicando no asunto "A/A Vicedirección. Certificación Inglés" (antes do 2 de novembro) e no corpo incluír:

  • nome e apelidos da/o alumno
  • DNI da/o alumno/a
  • curso no que está matriculada/o.
  • nivel (B1, B2 ou C1) ao que quere presentarse.
  • compromiso de que asistirá á proba na data que se establezca "Declaro ter interese na realización da proba de certificación sinalada anteriormente e comprométome a asistir a ela no caso de recibir a axuda económica".

 

Programa Picasso Mob

O IES Félix Muriel como centro acreditado Erasmus+ ten decidido no Clasutro a participación no Programa Picasso Mob impulsado desde o Servizo de Innovación e Programas educativos da Dirección Xerañ de Ordenación e Innovación Educativa.
O programa Picasso Mob está dirixido a alumnado de Francés de 1º de Bacharelato durante o curso 2023-24.
Consiste nun programa de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade co alumnado matriculado en centros pertencentes á Rexión Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/24.

O alumnado interesado poderá presentar a súa solicitude segundo se establece na convocatoria e as bases.


O prazo para presentalas remata o vindeiro 15 de setembro de 2023

Comezo de curso 2023-2024

04/09/2023 10:25
15/09/2023 10:25
Europe/Madrid

O día 11 de setembro comeza a actividade lectiva no IES Félix Muriel tal e como aparece recollido na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O horario será o que se indica a continuación:

8:30

Presentación dos grupos de 1º ESO

Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio

9:20

Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central

Presentación dos 4º ESO e Bacharelato detrás do edificio Anexo

Ao rematar as presentacións, comezarán as sesións lectivas habituais, polo cal cómpre que o alumnado TRAIA O MATERIAL NECESARIO: caderno/ficheiro/folios e bolígrafo.

 

FELIZ REGRESO AO FELIX MURIEL!

Matrícula no CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia

Do 1 ao 29 de setembro ás 13.00 horas está aberto o prazo de matrícula para cursar 1º de CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia para as prazas que quedaron sen cubrir. As prazas cubriránse por orde de chegada e matrícula. O requisito para cursar o ciclo é ter a titulación mínima da ESO ou unha FP Básica.

O formulario de matrícula vai adxunto a esta nova, e tamén está a disposición na Administración do IES de 8.30 a 14.00 horas. Ademáis do formulario, haberá que entregar certificación académica ou título de ter acadado o requisito académico correspondente, fotocopia do DNI, dúas fotografías e o xustificante do pago de seguro escolar se a persoa é menor de 28 anos.

 

AXUDAS FCT

No taboleiro de novas de ciclo encóntrase exposta a listaxe provisional de persoas solicitantes de axudas para a FCT do curso 2022-2023.

Pesar no IES

A comunidade educativa do IES Félix Muriel está hoxe de loito polo falecemento de Adrián Neo Romero, alumno do centro. Enviamos o noso cariño e apoio máis sentido á súa familia e amizades.

Distribuir contido


by Dr. Radut