Skip to Content

Coñecendo o Patrimonio do Araño

Espectacular visita guiada ao Patrimonio do Araño de alumnado do IES Félix Muriel coa colaboración da AA VV de Araño na que visitamos o Hórreo e casa parroquial de Araño, o camiño real e vía crucis, a casa da fonte, Pazo dos Calote e o muíño da Beiga que Anselmo puxo a funcionar para poder observar o mecanismo do muíño.
Parabéns a AA VV de Araño por poñer en valor o seu Patrimonio cultural e achegar este ás novas xeracións.

Programacións convocatoria probas libres obtención títulos FP LOE

18/04/2023 12:00
28/04/2023 12:00
Europe/Madrid

Xúntanse as programacións que rexerán as probas libres para os módulos do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Info Europass 2023

O IES Félix Muriel participou no Infoday Europass 2023 que tivo lugar en Madrid  o 12 de abril. á reunión asistiu o Director, Ramón Veiga, e mais a Vicedirectora, Mamen Teijido. Construíndo Europa desde Rianxo. 

 

BOLSAS DO MINISTERIO

Está aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudo do Ministerio para o curso 2023-24. Para máis información tedes que clicar ou escribir o seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es

ou empregar este código Qr

NON ESQUECER ASINAR E PRESENTAR ELECTRÓNICAMENTE A SOLICITUDE

IMPRIMIR A XUSTIFICACIÓN DE PRESENTACIÓN E PRESENTAR A DOCUMENTACION QUE SE LLE REQUIRE SE ESTÁ VOSTEDE NALGUNHA DAS CIRCUNSTANCIAS QUE SE LLE INDICAN. Esta documentación ten que enviala:

a) Se ten vostede a chave 365 a través da páxina: https://sede.xunta.gal

b) Ou a través dos rexistros administrativos (CONCELLO, DEPUTACIÓN, XUNTA, DA ADMINISTRACIÓN PERIFÉRICA DO ESTADO, OU POR CORREO POSTAL).     

Diríxao sempre ao seguinte enderezo:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

DÍA DOS ESCRITORES E ESCRITORAS EUROPEOS

O 27 de marzo celebrouse o Día dos escritores e escritoras europeos. Desde o IES Félix Muriel contribuímos a esta celebración coa lectura da obra de Rafael Dieste Dos arquivos do trasno, a cal se realizou en directo e da que podes ver a gravación premendo na ligazón: 

https://www.youtube.com/live/978JVNxBkkE?app=desktop&feature=share&fbclid=IwAR2wCpkejBlJaxTFVH0RBGTsRNzEl7oqXcb3WLla7rRTcpeT8Eto-aXR23c 

 

Semana da Diversidade

O luns 27 de marzo comezou a VII Semana da Diversidade. na cal participan, á parte de todo o alumnado do centro, as seguintes entidades e persoas: Fundación Vicente Ferrer, AMIPA, Asociación Ambar, Asociación Acougo, Asociación A'Creba, Asociación Misela, Solidariedade internacional, CRA Rianxo, Adrián Mosquera (piragüista) e Marcelo Lusardi (skater).

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP

27/03/2023 16:00
28/04/2023 13:00
Europe/Madrid

Publicado o calendario, a oferta clasificada por provincia e concello, e a actualización da información das Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 17 ao 28 de abril de 2023 ata as 13:00h.

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Becas para participar no programa «Campus de profundización científica para estudiantes de educación secundaria obligatoria»

21/03/2023 15:05
Europe/Madrid

Convocadas becas para participar no programa "Campus de profundización científica para estudiantes de la ESO" en Soria. Información completa no documento adxunto.

 

 

 

GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO XOUBA'S

16/03/2023 13:16
Europe/Madrid

Abre o arquivo adxunto para coñecer o nome das persoas gañadoras do concurso

Aberto o Prazo para a Solicitude de Admisión en centros educativos públicos para o próximo curso 2023/24

O alumnado que cursa estudos no IES Félix Muriel conta coa reserva de praza neste centro para o vindeiro curso 2023-2024; xa non precisa, por tanto, facer ningún trámite ao respecto ata o momento da matrícula.

O prazo para solicitar praza noutro centro educativo (ESO-BAC) abrangue dende o 1 ao 20 de marzo. Esta solicitude pódese facer sen prexuízo da garantía de permanencia neste centro. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no IES Félix Muriel no momento que figure na listaxe definitiva de alumnado admitido do novo centro.

O procedemento de entrega da solicitude de admisión para o curso 2023-2024 farase preferentemente a través plataforma eléctrónica Admisión / Sede electrónica.

Opcionalmente poderá facerse na secretaría do centro. 

 Admisión do 1 ao 20 de marzo de 2023

 

  Nota informativa

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut