Skip to Content

FELICES FESTAS

Boas festas! Premede na imaxe.

 

 

O IES e eTwinning

O IES Félix Muriel sumouse á formación sobre proxectos internacionais eTwinning. Foi por iso polo que acudiu á I Conferencia Nacional eTwinning 2022 celebrada en Madrid os días 21, 22 e 23 onde, á parte de nos formar na creación deste tipo de proxectos internacionais, puidemos contactar con centros doutras partes de España para poder elaborar proxectos conxuntos nun futuro próximo.

Así mesmo, asistiuse ao Seminario Bilateral Portugal-Espanha realizado en Guimarães os días 24, 25 e 26 de novembro onde puidemos elaborar un proxecto con centros de ensino portugueses e españois e que terá como elemento principal o mar.

 

A intención do centro é irmonos incorporando pouco a pouco ás escolas eTwinning e que o noso alumnado poida coñecer novas culturas e novos compañeiros e compañeiras realizando traballos conxuntos.

#intef#etwinning#iesfelixmuriel

O documental "Monte Vivo" premiado no Festival eMove

O IES Félix Muriel vén de recoller o último premio conseguido polo documental "Monte Vivo.  A VII Edición de eMove Festival outorgoulle  o 1º premio na sección Documental na categoría de 2º ciclo da ESO.

Con este último premio (non nos atrevemos xa a dicir "derradeiro") o documental leva acadados catro premios. Parabéns ao alumnado e profesorado implicados.

PREMIOS PARA O DOCUMENTAL "MONTE VIVO"

11/11/2022 09:51
Europe/Madrid

A nosa curta Monte Vivo ven de colleitar dous novos e moi importantes recoñecementos: Primeiro Premio na VII edición do Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais eMOVE na sección de Documental, categoría de 2º Ciclo de ESO e, tamén, premio BIOPARC á mellor produción na temática natureza e medio ambiente. Novamente enormes parabéns ao equipo do alumnado realizador da curta comandado pola profesora Sofía Rama e polos responsables do obradoiro audiovisual Marcos Gallego e Domingo Docampo. A entrega do premio eMOVE será mañá sábado 12 de novembro no teatro Lope de Vega de Madrid. e alí estaremos.

Calendario de pendentes. Curso 2022 -2023

Achégase o calendario de probas oficiais de materias pendentes. Lémbrase que os departamentos poden establecer datas para entrega de material.

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022

O sorteo público para determinar a composición da Xunta Electoral (titulares e suplentes) que organizará a supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, terá lugar na&nbsp

Aprendendo a emprender

O alumnado de 2º de ciclo participou onte nunha actividade no Viveiro de Empresas do CIFP Portovello en Ourense acompañado por Xabi ferrín e Yolanda Paz, docentes do IES; completaron a xornada cunha visita á Fundación Andrea en Allariz na que traballaron sobre o emprendemento en novas terapias asistidas con animais para persoas en situación de dependencia.

Alumnado de 4º ESO en Granadilla (Cáceres)

Do 23 ao 29 de outubro 15 alumnos e alumnas de 4º ESO do IES Félix Muriel participan no Programa  de Recuperación y Utilización Educativa de Pueblos Abandonados do Ministerio de Educación y FP. Durante esta semana convivirán en Granadilla (Cáceres) con outros tantos mozos e mozas dun instituto murciano, aprenderán oficios, participarán en diversos obradoiros e realizarán actividades lúdicas conxuntas, ademais de realizar un proxecto de centro titulado "Give me my town back"  ideado polas profesoras de Tecnoloxía e Inglés que os acompañan (Pilar Pérez e Rosa Súarez).

Celebrando Erasmus Days coas nosas alumnas tituladas

Hoxe, co gallo dos ErasmusDays visitáronnos de forma telemática as nosas antigas alumnas Antía Viturro e Bianca Fernandes, que falaron ás alumnas de 1º de TAPSD da súa experiencia Erasmus+.

E adiviñade o que... as dúas recomendan a experiencia.

E ti?  apúntaste?

 

Antía e Bianca falando da experiencia ErasmusPlus ao alumnado de 1º TAPSD

IMPORTANTE: PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

12/10/2022 10:00
Europe/Madrid

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade vén de publicar na súa web a resolución de centros beneficiarios para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut