Grecia e Roma nas túas mans

Con data 20/12/2021 foi publicada na web do Ministerio de Educación y Formación Profesional, a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva.

Nesa convocatoria foi seleccionado o proxecto GRECIA E ROMA NAS TÚAS MANS, do que forma parte o IES Manuel García Barros da Estrada (coordinado polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño), o IES 9 d’OCTUBRE de Carlet (Valencia) e o IES Sáenz de Buruaga de Mérida.

O traballo consistirá filmar e documentar unha serie de pezas (en principio 10) dos museos de Galicia e elaborar réplicas a partir da súa impresión en 3D co obxecto de crear un museo escolar para que todos os alumnos poidan coñecer e respectar o seu patrimonio cultural. O proxecto inclúe tamén viaxes a Sagunt e a Mérida, que terán lugar ao longo deste curso e do que vén. 

Máis información na web do proxecto.