Economía

Departamento de Economía

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
PROFESORADO Grupos
RAQUEL CARBALLO GARCÍA
(Xefa de departamento)
3º ESO A/B/PDC: Cultura financeira
4º ESO B: Economía e emprendemento
1º BAC. B e C: Economía
2º BAC B/C: Empresa e deseño de modelos de negocio
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
LIBROS DE TEXTO
CURSO EDITORIAL
ECONOMÍA e Emprendemento 4º ESO. ED. McGrawHill >>> 978-84-486-3784-2 , CASTELÁN
ECONOMÍA 1º BACHARELATO. ED. McgrawHill >>> 978-84-486-2744-7 , CASTELÁN
ECONOMÍA, EMPRENDIMIENTO Y ACTIVIDAD EMPRESARIAL 1º BACHARELATO. ED. McgrawHill >>> 978-84-486-31772 , CASTELÁN
EMPRESA E DESEÑO DE MODELOS DE NEGOCIO 2º BACHARELATO. ED. McGrawHill >>> 978-84-486-3772-9 , CASTELÁN

Charla de Economía do Programa “A Ponte” da USC

O xoves 25 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistiron á charla "A creación de empresas na universidade”, impartida polo profesor David Rodeiro Pazos, catedrático do Dpto. De Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de C.C. Económicas de Santiago. O alumnado recibíu formación nunha 1ª parte, sobre a creación de empresas e a 2ª parte, da xeración de ideas ao plan de empresa. A charla foi organizada polo Departamento de Economía.

PROGRAMA “EDUCAR EN XUSTIZA”

O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía participou o día 10 de Xaneiro no programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A actividade comeza cunha explicación por parte do Maxistrado de Sá do Penal, das funcións do persoal da Administración de Xustiza, fiscais, avogados, letrados, testemuños e peritos. A continuación, informaron sobre os niveis nos que se estrutura esta administración, dos tipos de sentenzas xudiciais, as fases de instrución e execución, as dilixencias e a tramitación dos expedientes. Rematamos a visita coa asistencia a audiencias orais e finalmente dirixímonos ás dependencias de Xulgado de Xustiza en Santiago visitando as celas e as sás de identificación e recoñecemento. A actividade estivo organizada polo Departamento de Economía e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Laura Veiga e Raquel Carballo.

Charla de Economía "Finanzas para mortais"

Os días 12 e 14 de abril os alumnos de Economía participaron dentro do programa EDUEMPRENDE na charla Finanzas para mortais impartida por Francisco Javier Vidal Ferro, director da oficina do Banco Santander de A Estrada. O programa ten por obxecto fomentar a cultura financeira entre o alumnado de ESO e Bacharelato, acercando a xestión e manexo das contas bancarias, os aforros, operacións financeiras e medios de pago no estranxeiro. A actividade resoltou de gran interese para todo o alumnado.

Programacións didácticas do Departamento de Economía para o curso 2023-2024

  

Programacións didácticas por cursos

     

3º ESO Cultura financeira
 
               4º ESO Economía e emprendemento
 
1º BACH
Economía
 
                 2ºBACH Empresa e deseño de modelos de negocio

Visita a Gadisa o 25 de Xaneiro

   O mércores 25 de xaneiro, os/as alumnos/as de Economía de 1º e 2º de bacharelato acudiron a Betanzos para coñecer as instalacións da empresa GADISA. Durante a visita participaron nunha sesión formativa sobre o funcionamento da área de aprovisionamento e loxística, departamento de marketing, as liñas de negocio e a RSC da empresa, rematando cun percorrido polas inmensas instalacións do almacén. Non podíamos deixar a cidade sen visitar o seu casco antigo, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1970.

Visita ao parlamento de Galiza

   Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visitaron na mañá do día 21 de Decembro o Parlamento de Galicia. Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria. Para rematar percorreron o casco histórico de Santiago visitando a Praza de Praterías, a Quintana, o Obradoiro e a Catedral.
   Acompañaron aos alumnos as profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Raquel Carballo.

Programa "Educar en Xustiza" - Dep. de Economía

Os alumnos de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron durante os días 3 e 10 de Maio no programa “Educar en Xustiza”, promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)

A actividade foi impartida polo Fiscal e a Xuíza, consistente na explicaciòn do funcionamento da Administración de Xustiza, tipos de xulgados, fases de instrucción e xuízo, dilixencias e tramitación dos expedientes, xurisdicción de menores e os seus dereitos e obrigas. Rematamos a visita coa asistencia a vista oral de varios xuízos na Sá do Penal do Tribunal de Xustiza de Santiago.

Charla de Economía - Programa Eduemprende

Este martes 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistíu no salón de actos do centro a unha charla organizada pola Consellería de Educación dentro do Programa Eduemprende en colaboración con Afundación (Obra Social ABANCA).

A ponente foi Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación e a temática da mesma “Tendencias económicas que van marcar a economía do futuro”, resoltou de gran interese para o alumnado.

Charla sobre o consumo responsable e sostible

Hoxe, mércores 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na materia de Economía participou nun charla impartida pola Escola Galega de Consumo sobre Consumo responsable e sostible, Etiquetado dos alimentos e a Axenda 2030.

Visita ao Parlamento de Galicia

O luns 21 de marzo os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía visitaron o Parlamento de Galicia.

Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde protagonizaron un breve debate parlamentario.

Acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

Podes ver todas as fotos neste album de Flickr.

Visita a IBERLUFFA polo alumnado de 2BAC

O martes 5 de outubro o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía da empresa e FUAX visitou a empresa IBERLUFFA (Ibérica de exponxas vexetais) en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na plantación de luffas coas explicacións do proceso produtivo, características do froito, fermentación e secado, deseño e troquelado, comercialización do produto e loxística da empresa.

A actividade foi organizada polo departamento de Ecomomía e os alumnos estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo (máis imaxes neste álbum)

E se aínda non sabes o que é unha luffa, consulta esta páxina!

Depoemprende da ESO

Hoxe 11 de Xuño os alumnos da cooperativa CODOURADA entregaron a Rocío González, presidenta da Asociación estradense en defensa dos animais (PALLEIRÁNS) a doazón correspondente aos beneficios acadados.

foto ONG_1.jpg

Cooperativas no Mercado A Estrada

Os días 19 e 26 de maio os alumnos das Cooperativas escolares Codourada e 12Doce4Cuartos acudiron ao mercado local dos mércores para vender os seus produtos. Estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo e a experiencia foi moi satisfactoria.

Programa DepoEmprende na ESO

O alumnado de 4º ESO B que constituimos as cooperativas escolares CODOURADA e DOCECUARTOS comezamos a 3ª Fase do proxecto: A VENDA DE PRODUTOS.

Adxuntamos o catálogo e animámosvos a visitar os mostradores de venda durante os recreos nas vindeiras semanas dos meses de maio e xuño. Tamén podedes mercar a través do catálogo indicando o nome do profesor, descrición ou código do produto, número de unidades e entregarásevos persoalmente.

Se obtemos beneficios, o 25% doarase as seguintes ONGs:

  • Palleiráns (Asociación estradense en defensa dos animais)
  • Asociación española contra o cancro (AECC)

Os pedidos online poderanse facer nos seguintes e-mails das cooperativas:

Distribuir contido