Visita ao parlamento de Galiza

   Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visitaron na mañá do día 21 de Decembro o Parlamento de Galicia. Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria. Para rematar percorreron o casco histórico de Santiago visitando a Praza de Praterías, a Quintana, o Obradoiro e a Catedral.
   Acompañaron aos alumnos as profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Raquel Carballo.