Videoconferencia con Clara Leboreiro Babé

Na xornada do 9 de Febreiro, o alumnado de Química e Bioloxía de 2BAC compartimos a enerxía e as ganas de investigar desta científica natural de Vigo e afincada en Londres. Este acto desenvólvese dentro das actividades do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, que a través do programa CONÓCELAS, organiza ASEICA, asociación coordinada pola tamén galega Marisol Soengas, creada para divulgar a actividade científica e promover a participación das mulleres no traballo investigador.

Clara explicounos o seu proxecto de mestrado, centrado nas células CAR-T, que tamén son en ocasións referidas como un tipo de terapia xénica celular. Isto é debido a que involucran a alteración dos xenes dentro das células T para axudar a combater o cancro. Agradecemos a Clara o seu tempo, así como o seu esforzo por mellorar as vidas dos e das doentes.