Visita a Pontedeume dos alumnos de 1ºESO

O alumnado de 1°ESO do IES Manuel García Barros visitou a vila de Pontedeume e os seus arredores. Nesta viaxe tivemos a oportunidade de visitar as marabillosas Fragas do Eume, un dos pulmóns galegos. Estudiamos in situ a flora e a fauna que nos rodea e respiramos aire puro ao carón do río Eume. 

A hospedaxe no Albergue Alvarella, exemplo de ecoturismo e convivencia respectuosa co medio ambiente, ensinounos o valor da desconexión, a importancia de escoitarnos uns a outros e tamén o significado da convivencia. A súa charca, o rocódromo, o tiro con arco e as veladas nocturnas acompañaronnos durante a nosa viaxe. 

Percorremos os mesmos camiños que os antigos señores feudais de Pontedeume e gozamos do seu patrimonio histórico coa visita ao Torreón e o Castelo dos Andrade.

Por último descubrimos toda a vila, as súas xente e os seus rincóns grazas aos marabillosos monitores do Alvarella que nos obsequiaron con xogos de descuberta e búsqueda de tesouros históricos.

Todas as imaxes neste álbuim de Flickr!