O alumnado de 2ESO presenta os resultados do seu estudo no Teatro Principal

O alumnado de 2º de ESO do noso centro presentará mañá martes día 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, os resultados do Estudo De Consumo de Bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas realizado no centro durante este curso.

Este traballo xurdiu ao abeiro dos proxectos EDUsaúde e Plan de Vida Activa e Deportiva, cos  que pretendemos convertir o noso centro educativo nun foco dinamizador de hábitos de vida saúdables, facendo partícipe a toda a comunidade educativa deste fin.

Este estudo no que participaron todo o alumnado do centro, concretouse nun proxecto interdisciplinar co alumnado de segundo da ESO e o profesorado que imparte clase neste nivel dos departamentos de Educación Física, Matemáticas e Tecnoloxía.

Gustaríanos convidar a todo o profesorado a coñecer os resultados, xa que presentarán información moi interesante para eles e ás familias, que pode contribuir a mellorar estes hábitos na xente nova.