Viaxe a Mérida abril 2023, proxecto "Grecia e Roma nas túas mans"

   A semana pasada, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os de Latín de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos a Mérida, dentro do proxecto de Agrupación de Centros "Grecia e Roma nas túas mans", acompañados polos profesores Marisa Otero e Álvaro P. Vilariño.
   Dentro das actividades realizadas destacamos o obradoiro de Numismática romana, onde cada un de nós elaborou unha réplica dun dupondio do século I a.C., e o obradoiro de Mosaico, onde o noso grupo fixo unha reprodución do mosaico de Panxón, hoxe en Londres, e moi pronto de volta a Galicia.
 
   Ademais visitamos a Mérida romana: acueductos, circo, teatro e anfiteatro, Museo de Arte Romano, Templo de Diana, ponte e antigas murallas da cidade...
   Baixo unha calor insólita para esta época do ano, pasamos unhas xornadas inesquecibles xunto cos nosos compañeiros do IES Sáenz de Buruaga de Mérida e o IES 9 de Octubre de Carlet. Neste álbum recollemos todas as imaxes destes días.
Viaxe a Mérida abril 2023