Excursión Fragas do Eume, maio 2023

Os días 3, 4 e 5 de maio o alumnado de 1ºESO disfrutou dunha excursión multidisciplinar organizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía e Educación Física nun entorno natural espectacular, as Fragas do Eume. 
O Albergue Alvarella xa é o 5º ano que acolle ao alumnado do instituto Manuel García Barros, un lugar entrañable tanto no paisaxístico como no humano. Alí esperaban as responsables de cociña, cunha comida rica e de calidade, os responsables da organización das actividades e loxística, quenes amosaron profesionalidade e amor pola natureza en todo momento; e Area, a cadela do albergue que se deixaba acariñar por toda a rapazada.
Comezouse a excursión cun roteiro guiado polo parque natural das Fragas do Eume e a visita ó Mosteiro de Caaveiro. Pola tarde, xa no albergue, explicáronse as regras, distribuíronse as funcións de poñer a mesa, servir, recoller e barrer en cada grupo e repartíronse as habitacións, momento especialmente esperado polo alumnado. 
A climatoloxía variable permitíu realizar case todas as actividades previstas salvo a de Orientaventura, a cal foi sustituída pola visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol, experiencia interesante e recomendable. As demáis actividades: tiro con arco, orientación con brúxula e mapa, Slackline, recoñecemento de árbores, análise da vida nunha charca, visita ao Castelo dos Andrade e o xogo de pistas no casco histórico de Pontedeume, realizáronse con normalidade.