Taboleiro

Olimpíada de Xeografía

   O xoves 09 de marzo o noso alumnado viaxou a Santiago á facultade de Xeografía e Historia para participar na Olimpíada de Xeografía. Estiveron acompañados pola profesora Esther Sánchez.
Parabéns ao noso alumno David Carballeda que acadou o terceiro premio!

Programacións didácticas de todos os departamentos do IES M. García Barros

           

 Departamentos  didácticos

                                         

Bioloxía e Xeoloxía     Lingua Castelá e Literatura
                                            
Economía Educación Física
 
Francés Filosofía
 
Física e Química Lingua e Literatura Galega
 
Xeografía e Historia Inglés
 
Latín e Grego Matemáticas
 
Música Orientación
 
Educación Plástica e Visual                                 Relixión
 

Proxecto competencial e Educación en valores

Tecnoloxía

Ámbitos de PDC

Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro

O mércores 15 de Marzo, a partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).

Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas

   Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro:  Carlota Brea Martínez, Miguel Ángel Gómez Rey e Manuel Míguez Sangiao  participarán o venres 3 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

   É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.

   Os detalles da xornada poden consultarse facendo clic na imaxe.

Homenaxe a Rosalía de Castro

   O xoves 23 de febreiro (186 aniversario do seu nacemento) celebrouse a homenaxe a Rosalía de Castro no Teatro Principal.
   Como vén sendo habitual, neste acto participou alumnado representante de todos os centros da Estrada recitando poemas da escritora. Por parte do noso instituto colaboraron Noa de Oliveira e Manuel Verde (ambos de 2º ESO), que realizaron un magnífico labor. 
Parabéns aos dous polo seu esforzo e polo seu bo facer.

11 de Febreiro, día internacional da nena e a muller na ciencia

   O mércores 8 de Febreiro, o noso alumnado máis científico de 2º Bacharelato e 4º ESO, participou na III Edición de CONÓCELAS. Este ano contamos coas científicas-

divulgadoras Aurora Gómez (xefa de grupo no CIMUS), Cristina de Jesús (investigadora no CIB) e Cristina Cardona (doctoranda no CIB), que nos explicaron as

súas motivacións para loitar contra o cancro e orientarnos na decisión de continuar os nosos estudos.

Grazas ASEICA polo voso esforzo en mellorar a sociedade.

A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"

   Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.

Estes foron os equipos e alumnos premiados:

1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B

  • GARCÍA SECO, RODRIGO
  • FERREIRO LEMOS, ANDREA
  • FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO

2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C

  • VIGO LÓPEZ, SAMUEL
  • IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN

3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C

  • MONTERO RAMOS, ARACELI
  • ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA

27 de Xaneiro: día internacional da Shoá

      Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.

24 de xaneiro, terceira reunión do club de lectura.

   Corredoiras e Autoestradas, os dous grupos de club de lectura NA Estrada - 525, reuníronse o martes 24 de xaneiro para compartir as súas impresións, ideas e impresións ao redor do libro Golpes de luz de Ledicia Costas e Mamá, quero ser Ziggy stardust de Iria Misa. Ademais de compartir as nosas lecturas, compartimos un rato de risos, rosca da casa e convivencia na MeGaBiblioteca do centro.
Os vindeiros libros serán:
Caperucita en Manhattan de Carmen Martín Gayte para o grupo de Corredoiras.
Nada de Carmen Laforet para o grupo de Autoestradas.

Participación dunha profesora do IES García Barros no PIALE 2022

   A profesora Chelo Vázquez Rozas formou parte do grupo de 20 docentes galegos que participaron na modalidade de integración en Francia dentro do programa PIALE 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

   Na súa estancia en Amiens durante o mes de novembro puido coñecer o sistema educativo francés, intercambiar experiencias didácticas e exercer o seu labor no Collége e no Lycée Sainte-Famille. Tedes información da actividade na presentación adxunta.

25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

   Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.

   Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.

Enlace ao formulario Violencia en números

Distribuir contido