Física e Química

Éxito do MGB na Olimpiada Nacional de Física

Os alumnos de 2º de Bacharelato A, Diego Oliveira Sánchez e Álvaro García Martínez, obtiveron, respectivamente, o PRIMEIRO (medalla de ouro) e TERCEIRO posto (Medalla de bronce) na XX Olimpiada Nacional de Física na súa fase Local. Ambos alumnos representarán á Universidade de Santiago de Compostela na Fase Nacional que se celebrará na Universidade de Pamplona entre o 24 e 27 de abril de 2009.

Consulta as notas de prensa aparecidas na Voz de Galicia, no Correo Galego e no Faro de Vigo.

fisica_olim_2009_bis.jpg

Olimpiada Española de Física

O vindeiro 27 de febreiro os alumnos Alvaro García Martínez, Diego Oliveira Sánchez e Jorge Luis  Porto Fuentes de 2º Bacharelato A,  participarán na Olimpiada Española de Física na súa fase local na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Para máis información preme aquí e aquí

Final da I mini Olimpiada de Química

O vindeiro venres 23 de maio celebraráse en Santiago na Facultade de Química a final da I Mini Olimpiada de Química na que estarán dous alumnos de 4º ESO A Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López acompañados por o seu profesor Augusto Otero, aos que lles dexesamos moita sorte.

ÉXITO NA I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

O alumno de 4º ESO Alejandro Cabal Tato clasifícase brillantemente na terceira posición para a fase final, sendo o primer alumno clasificado dun centro público. A alumna Paula Leis López tamén quedou clasificada para a fase final. Para máis información premer aquí

miniquimica_bis.jpg

I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

Os alumnos Alejandro Cabal Tato, Alba Constenla Torrado, Lara Fuentes Enjamio e Paula Leis López  (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na I Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 25 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí

MASTERCLASS DE FÍSICA

As alumnas de 2º de Bacharelato do noso centro: Mª Eugenia Guerra Vilar, María Chedas Camba, Antía Herrea Lanzós y Mª Virginia Neira Martínez participaron o venres 7 de marzo na MASTERCLASS de Física (Física de Partículas coas mans), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago.

PREMIO NAS OLIMPIADAS DE FISICA

O centro comprácese en anunciar que a alumna Mª Euguenia Guerra Vilar de 2º Bacharelato A quedou clasificada en 3º lugar na Fase Local da Olimpiada de Física convocada pola Universidade de Santiago de Compostela. A comunidade educativa do "IES Manuel García Barros" ten a ben felicitala así como ao Departamento de Física e Química do centro

premio_fisica_2008_faro_4.jpg
Distribuir contido