Complementarias

Dinamiza TV

Da man do Concello de A Estrada, os dez centros escolares do município puxemos en marcha o proxecto audiovisual que consiste na gravación de un noticiario por cada centro e que estivo superviada e dirixida polos dinamizadores e dinamizadoras lingüísticos de cada centro.

O noso noticiario recolle a vida cotiá do centro e os presentadores son os alumnos de Segundo da ESO Manuel e Mario, que semellan auténticos profesionais. 

Podedes velo aquí. Que desfrutedes!

Navega con Rumbo

O pasado martes 24 de maio o noso alumnado de 1º ESO participou nunca charla encadrada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet.

A intención é que o alumnado se mentalice da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.-- 

Contido da charla da ABAU 2022

Logo das tres charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de  2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2022, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.

Xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura

Co gallo do día das Letras Galegas, a Profesora Anxos Gallur, dinamizadora lingüística do centro, en colaboración con profesoras, alumnos e alumnas do centro organizou unha xornada de conmemoración e recoñecemento da nosa lingua e da nosa cultura.

Convidou á escritora Antía Otero, antiga alumna do noso instituto, a compartir este día con nós e fixemos un coloquio con ela. 

Tivemos música da man das alumnas de terceiro de ESO con María Varela, exposicións de autores do noso rueiro grazas aos alumnos de primeiro da ESO e da súa profesora María Mansilla e achegámonos á figura do autor Florencio Delgado Gurriarán  da man dos alumnos de cuarto da ESO  e a súa profesora Inés.

Os alumnos do Bacharelato de Artes fixeron un MAIO espectacular guiados polo seu profesor Xoán Xosé, está á entrada do centro e podedes averigüar moitos detalles sobre esta antiga tradición galega e desfrutar do traballo  dos nosos compañeiros.  

A xornada  rematámola  tomando un rico e saludable chocolate. Moitas  grazas a todos!. Moitas grazas a Antía Otero!

Velaquí as fotos deste día

Letras Galegas 2022

Inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento" no MGB

Así recollía a Voz de Galicia a inauguración da mostra "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento":

-----

Con motivo do 50 aniversario do pasamento do escritor Manuel García Barros o mestre e investigador estradense Carlos Loureiro e o editor Xesús Domínguez comisarian unha mostra titulada "Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento".

A exposición, que se estreou na Casa das Letras, ten carácter itinerante e, de aquí a marzo, visitará todos os centros de ensino da Estrada. Onte inaugurouse no IES García Barros, para sementar a curiosidade polo home que da nome ao centro.

Fotografía de Miguel Souto

------

Nova actividade de "Escola de Familias", mércores 11 de maio

Unha nova actividade de Escola de familias, "Cara unha educación consciente", terá lugar este mércores, 11 de maio ás 19:30 horas.

O relatorio será conducido pola psicopedagoga Ana Fontán.

Será por streaming no enlace www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar.

Tamén podes consultar o cartaz do evento.

Gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos

Estes son os gañadores do IX Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos centros educativos de A Estrada. 

De esquerda à dereita e de arriba a abaixo:

  • Alexandra Paz, Lara García, Alba Campos, Mariana Torrado. Abaixo: Saleta Lueiro e Brais Cerviño.

A entrega de premios vai ser o dia 25 de maio no Teatro principal ás 20:30h. Os alumnos poderán ir acompañados das súas famílias.

Noraboa aos premiados!

Actividade "Educar no uso de Internet e as TIC", venres 6 maio 20:00 horas

O vindeiro venres 6 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a actividade de Escola de familias "Educar no uso de internet e as TIC".

Estará dirixida por Patricia Gómez, psicóloga especialista e integrante da Unidade de Psicoloxía do consumidor e do usario da USC.

Será por streaming dende a ligazón www.lalin.gal/aquelar e toda a comunidade educativa está convidada a participar. 

Charla de Economía - Programa Eduemprende

Este martes 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistíu no salón de actos do centro a unha charla organizada pola Consellería de Educación dentro do Programa Eduemprende en colaboración con Afundación (Obra Social ABANCA).

A ponente foi Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación e a temática da mesma “Tendencias económicas que van marcar a economía do futuro”, resoltou de gran interese para o alumnado.

Sendeirismo no MGB, conmemorando o Día Mundial da Actividade Física

Ao longo deste mes de abril, o noso centro concentrará a posta en común das iniciativas realizadas dentro do proxecto EDUsaúde de promoción de estilos de vida activos e saudables, realizadas este curso no IES Manuel García Barros.

O mércores 6 de abril conmemórase o Día Mundial da Actividade Física e dende o proxecto EDUsaúde promovéronse camiñatas seguindo a Ruta da Zona Deportiva, na contorna do noso centro. Aproveitando o bo tempo o profesorado de educación física, nas súas clases, e tamén todos profesorado do centro nas gardas activas, estivemos a camiñar nos últimos días, conseguindo sumar máis movemento na nosa xornada escolar.

Podedes ver todas as imaxes neste álbum de Flickr.

Nesta última semana da avaliación tentaremos sumarnos a máis iniciativas activas como as xornadas activate  ou "baila la pena" de Macaco, promovidas pola Fundación Gasol.

Charlas de Ciencias da Terra e do Medioambiente (CTMA)

Este mércores 30 de marzo o alumnado de 2º bacharelato de Ciencias da Terra e do Medioambiente asistiu a 2 charlas organizadas pola Universidade de A  Coruña dentro do programa Charlas de Divulgación Científica 2021/2022

O ponente foi o o catedrático da UDC  na área de Enxeñaría Química o Dr. Manuel Soto Castiñeira.

A primeira charla tratou sobre a depuración ecolóxica con xuncos, espadanas e carrizos, sendo unha das principais liñas de investigación do grupo de Enxeñaría Química Ambiental. Este sistema de depuración por humedais elimina os principais contaminantes das augas residuais: materia orgánica, sólidos en suspensión, nitróxeno, fósforo e mesmo contaminantes emerxentes como son os farmacéuticos. A segunda charla foi sobre "O lixo-retrete, da túa man ao mar. Como previlo? onde se mostrou como moito do lixo recollido nas nosas praias procede das nosas casas.

Charla sobre o consumo responsable e sostible

Hoxe, mércores 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na materia de Economía participou nun charla impartida pola Escola Galega de Consumo sobre Consumo responsable e sostible, Etiquetado dos alimentos e a Axenda 2030.

Jugger nas clases de educación física

A pasada semana o alumnado de primeiro de bacharelato do noso centro recibiu a visita de dous profesores convidados dentro do proxecto de promoción de estilos de vida saudables, EDUsaúde.

Lucy e Roi, da Asociación Xuvenil A Estación, explicaron en que consiste esta actividade deportiva, trouxeron os materiais, fixeron xogos e participaron activamente nun encontro de Jugger.

A experiencia, enmarcada dentro da iniciativa do departamento de educación física de promocionar as actividades físicas na contorna, resultou moi positiva e esperamos que axude a que o alumnado atope unha opción para desfrutar do seu tempo de ocio dun xeito activo.

Podes ver máis imaxes e un pequeno vídeo deste evente neste álbum de Flickr.

Día da muller no MGB

Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de Lingua castelá e Literatura de 1º ESO fixo uns carteis con imaxes de mulleres importantes nos ámbitos da arte, da escritura, da ciencia e do deporte. Seleccionamos doce en cada caso, aínda que sabemos que poderiamos incluír moitísimas máis nestas fiestras moradas. Podedes ver os carteis no corredor de 1º.

Charla da USC para o alumnado de 2º BAC

Mañá venres 11 de marzo terá lugar a charla da USC, organizada polo departamento de Orientación, para o alumnado de 2⁰ BAC co seguinte horario:

- 11:35-12:25: 2º BAC C e D. 

- 12:45-13:35: 2º BAC A e B.

Distribuir contido